Campionato galego de aeromodelismo na categoría «F3Q» de veleros remolcados

Data
to
Location
Pastizal de Fontefría
Organiser
CLub Vuelo a Vela Fontefría coa colaboración do Concello
Actividades

Grandes planeadores con remolque mediante avión a motor.

Este campionato realízase a unha soa proba: do sábado 29 ao domingo 30 de agosto de 2026

Lugar: o campo de voo “PASTIZAL de FONTEFRÍA” que está situado no alto de Fontefría, nas proximidades do Toro de Osborne, motivo polo cal se inclúe a súa silueta no anagrama do club.

Aínda que non é un terreo natural, debido a que se trata dun chan modificado artificialmente na década dos 80 para convertelo en pastizal, no que se introduciron gramíneas foráneas para forraxe de gando e piñeiros madeireiros, o resultado final é un extenso pastizal idóneo para a práctica deportiva obxecto do club.

Neste lugar vén realizando desde fai máis dunha década, de forma continuada, a actividade deportiva do Club Vuelo a Vela Fontefría, tanto na faceta competitiva como adestramentos e voo de recreo.

Trátase dunda zona de voo con pistas diferenciadas para manobras de remolque e de aterraxe, así como zonas de seguridade.

 

Mecánica do Campionato
  • Toda a xornada do sábado dedicarase a voos de adestramento e voos de exhibición doutras modalidades do voo sen motor, ou sexa do Voo a Vela.
  • Para os voos do campionato establécese unha xanela temporal comprendida entre as 10:00 horas e as 18:00 horas do domingo.
  • Dentro desta xanela cada piloto participante no campionato debe realizar catro voos puntuables.
  • A diferenza doutros campionatos, neste caso non hai unha orde de participación establecido por sorteo de dorsais, senón que o momento de cada voo é elixido libremente o piloto.
  • Fóra dos voos do campionato, os pilotos poden realizar cuantos voos desexen, co único condicionante de que o piloto que vaia a realizar un voo puntuable para o campionato, ten prioridade no remolque sobre os outros pilotos.
  • Desta forma, elimínase o factor sorte no relacionado coas condicións meteorolóxicas no momento do voo, xa que é o propio piloto o que elixe o instante de realizar o seu voo puntuable en función da súa propia análise das condicións de contorna.
  • Por outra banda, a posibilidade de poder realizar voos libres dan a opción de coñecer o espazo aéreo do campo de voo e familiarizarse con él.

 

Campionato galego de aeromodelismo na categoría «F3Q» de veleros remolcados

 

Campionato galego de aeromodelismo na categoría «F3Q» de veleros remolcados
Horario

Do sábado 29 ao domingo 30 de agosto de 2026 no campo do "Pastizal" de Fontefría.