Concerto « Alexandre Cabanelas Trío»

Data
to
Location
Antigo balneario das Augas Férreas
Organiser
Concello da Caniza ( Verán de Lecer 2026)
Concerto

O jazz de Alexandre Cabanelas Trío chega ás Augas Férreas dentro do "Verán de Lecer 2026"

O "Verán de Lecer 2026" continúa enchendo de cultura e música os espazos públicos da Caniza coa actuación de Alexandre Cabanelas Trío, unha das propostas musicais da programación estival organizada polo Concello da Caniza.

O concerto celebrarase o venres, 31 de xullo, ás 21:30 horas, no incomparable escenario natural das Augas Férreas da Caniza.

Saxofonista, compositor e improvisador, Alexandre Cabanelas lidera un trío que destaca pola súa frescura e creatividade, ofrecendo un repertorio no que o jazz contemporáneo dialoga con outras influencias musicais. O resultado é un espectáculo elegante e próximo, pensado tanto para os afeccionados ao jazz como para quen desexe descubrir novas sonoridades nun ambiente relaxado.

As Augas Férreas volverán converterse nun punto de encontro para a música en directo, nunha noite na que o público poderá desfrutar dun concerto de gran calidade artística nun contorno natural privilexiado.

O Concello da Caniza anima á veciñanza e ás persoas que visitan o municipio durante estas datas a asistir a esta actuación, que forma parte da programación do "Verán de Lecer 2026".

Horario

O venres, 31 de xullo de 2026, a partires das 21:30h no recinto do antigo balneario das Augas Férreas