Concerto da banda Broken Peach

Data
to
Location
Praza Maior da Caniza
Organiser
Concello da Caniza - Verán de Lecer 2026
Concerto

O martes 11 de agosto, ás 22:30 horas, a Praza Maior  acolle o concerto de Broken Peach, unha banda galega recoñecida pola súa innovadora forma de reinterpretar grandes éxitos do rock, pop e soul.

Con impresionantes harmonías vocais, unha estética moi coidada e unha enerxía desbordante, Broken Peach ofrece un espectáculo dinámico e visualmente impactante que combina música en directo, coreografías e unha produción escénica de gran calidade. Unha experiencia única que conquistou ao público dentro e fóra de Galicia.

Un concerto pensado para todos os públicos, no que soarán versións sorprendentes de cancións inesquecibles, facendo que o público cante, baile e desfrute dunha noite chea de ritmo e emoción.

Unha cita imprescindible que forma parte da programación do Verán de Lecer 2026.

 

Horario

O martes 11 de agosto de 2026, ás 22:30h na Praza Maior da Caniza