Escola de Teatro para Adultos curso 2026/2027 da mán do grupo de teatro «Alecrín»
O Concello abre de novo as portas da Escola de Teatro para Adultos, da man do Grupo Alecrín.
Unha oportunidade única para mergullarse no apaixonante mundo da interpretación e tamén un espazo para aprender, divertirse, crear personaxes e compartir experiencias.
Este obradoiro está dirixido a persoas adultas que queiran iniciarse nas artes escénicas ou seguir mellorando as súas habilidades teatrais, nun ambiente lúdico, participativo e enriquecedor.
O teatro fomenta a creatividade, a expresión corporal e oral, o traballo en equipo e a confianza persoal, converténdose ademais nun espazo de convivencia e diversión.
Horario das clases: Martes de 18:30 a 20:00 h
Lugar: Casa da Cultura da Caniza
Comezo das clases: 6 de outubro
Imparte: Grupo de Teatro da Caniza “Alecrín”
As prazas son limitadas, polo que se recomenda facer a inscrición canto antes.
Inscricións: Biblioteca Municipal. Tel. 986 66 30 69
Comezo das clases o 6 de outubro de 2026.
Horario das clases: Martes de 18:30 a 20:00 h