Exposición de pintura de Loli Calvelo «Al óleo sobre Lienzo»

Data
to
Location
Salón de Plenos do Concello da Caniza
Organiser
Concello da Caniza
Exposición

EXPOSICIÓN «Al óleo sobre Lienzo»

O Concello acolle, do 10 ao 14 de agosto, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, a exposición de pintura «Al óleo sobre Lienzo» da artista canicense Loli Calvelo que  conta cunha sólida traxectoria artística, froito dunha dedicación constante á pintura durante varias décadas.

Desde finais dos anos oitenta desenvolveu unha intensa actividade expositiva, participando en diversas mostras individuais e colectivas en distintos espazos culturais de Galicia, onde deu a coñecer unha obra marcada polo rigor técnico, a sensibilidade artística e unha fonda paixón pola creación pictórica.

O seu traballo desenvólvese principalmente ao óleo sobre lenzo e caracterízase por un estilo de inspiración realista, no que destacan a coidada composición, a riqueza cromática e o tratamento da luz. Nas súas obras predominan as paisaxes, as flores, os bodegóns e outros motivos da natureza, representados cunha mirada serena e cunha especial atención ao detalle, convertendo cada cadro nunha expresión de equilibrio, harmonía e beleza.

A súa pintura constitúe unha expresión de sensibilidade, constancia e compromiso coa arte, valores que se reflicten en cada unha das súas creacións.

Con esta exposición, o Concello da Caniza ofrece á veciñanza e ás persoas visitantes a oportunidade de coñecer de preto a obra dunha artista que fixo da pintura unha forma de expresión persoal e un medio para transmitir a beleza da natureza e da contorna que a inspira.

A mostra permanecerá aberta ao público do 10 ao 14 de agosto, en horario de 8 a 15h no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Mostra incluída na programación do Verán de Lecer 2026.

Exposición de pintura de Loli Calvelo «Al óleo sobre Lienzo»
Exposición de pintura de Loli Calvelo «Al óleo sobre Lienzo»

 

Horario

Do 10 ao 14 de agosto de 2026 en horario de 8 a 15h, no Salón de Plenos da Casa Consistorial da Caniza