Fútbol: A Caniza acolle o 16 de agosto o Trofeo Festa do Xamón
A programación da 60ª Festa–Feira do Xamón da Caniza suma este 16 de agosto unha nova cita deportiva coa celebración do Trofeo Festa do Xamón, que reunirá no campo de Augas Férreas ao fútbol feminino e masculino nunha xornada especial de pretemporada.
A partir das 18:00 horas terá lugar a VI edición feminina, na que o Club de Fútbol A Cañiza se medirá ao Club Deportivo Valladares, nun encontro que servirá para seguir preparando a nova tempada 2026/27.
Xa ás 20:00 horas chegará a quenda da LX edición masculina, cun enfrontamento entre o Club de Fútbol A Cañiza e a Unión Deportiva Mos.
Trofeo Festa do Xamón – Pretemporada 2026/27
📍 Campo de fútbol de Augas Férreas
📅 16 de agosto de 2026
🕕 18:00 h – VI edición feminina
🕗 20:00 h – LX edición masculina
Fútbol, tradición e festa para seguir celebrando unha edición moi especial da Festa–Feira do Xamón.
Encontro feminino: 18h
Encontro masculino: 20h