O Concello abre as inscricións para a Escola de Inglés curso 2026/2027
Formación
O Concello anuncia a posta en marcha da Escola de Inglés 2026/27, un programa formativo dirixido a nenos, mozos e adultos que desexen mellorar o seu nivel de inglés e certificar oficialmente a súa competencia lingüística mediante os exames Cambridge.
✅ Todos os niveis: YLE, A1, A2, B1, B2 e C1
✅ Preparación de exames oficiais
✅ Profesorado nativo e titulado
✅ Clases dinámicas e efectivas
Inscricións
Información e inscrición: Biblioteca Municipal da Caniza ou chamando ao número 609 313 721
Obxectivos do programa
- Impulsar a aprendizaxe práctica do inglés con profesorado especializado e presencial en aula.
- Favorecer o acceso a certificacións oficiais Cambridge, recoñecidas internacionalmente.
- Ofrecer unha formación adaptada por idades e niveis, desde primaria ata adultos.
Dende o Concello da Caniza animamos a todas as familias e estudantes a participar nesta oportunidade para mellorar o inglés e obter unha titulación oficial.
Horario
A oferta estrutúrase en diferentes niveis e idades: