Taller de intelixencia artificial para mulleres e nenas da Caniza

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza a través do Programa de Igualdade CLARA

O Programa CLARA achega ás mulleres da Caniza un taller para descubrir como a Intelixencia Artificial pode facer máis doado o día a día.

Comezaremos entendendo, de maneira sinxela:

🔹 Que é a IA e que pode facer ChatGPT
🔹 Como darlle boas instrucións
🔹 Como protexer a nosa privacidade
🔹 Por que pode cometer erros, inventar información ou reproducir sesgos, tamén de xénero
🔹 Como revisar as respostas con criterio propio

E, sobre todo, aprenderemos practicando:
  • Falar con ChatGPT sen necesidade de escribir
  •  Comprender unha carta ou un documento difícil
  •  Redactar mensaxes e traducir textos
  •  Preparar un currículo desde a experiencia real
  • Analizar ofertas de emprego
  • Promocionar produtos e iniciativas do rural
  • Organizar gastos, compras e tarefas cotiás
  • Detectar erros e comprobar a información

Non necesitas saber de tecnoloxía. Só traer o teu teléfono e ganas de descubrir unha ferramenta que tamén pode facilitarche a vida.

Para máis información e inscricións, poden contactar a través dos teléfonos e WhatsApp 606 118 853 e 687 227 495.

💜 Aprender para gañar autonomía, oportunidades e seguridade no mundo dixital

Gymkana Tecno para achegar a infancia á tecnoloxía dende a igualdade
Horario

Os días 2 e 3 de setembro, ás 18h.