Taller de Manualidades con ANA GÓMEZ. Curso 2026/27
Formación
Este obradoiro ofrece a oportunidade de descubrir diferentes técnicas artísticas e manuais, traballando con materiais variados e explorando novos métodos de creación.
A actividade está pensada para fomentar a imaxinación, a destreza e a expresión persoal, ao tempo que se promove un espazo de aprendizaxe compartida.
Que aprenderás neste taller?
- Pinturas en tela, vidro e cerámica, con técnicas decorativas que transforman obxectos en pezas únicas.
- Elaboración de xabóns e velas artesanais, ideais tanto para uso persoal como para agasallos.
- Traballos en estaño e outras novidades que se incorporarán ao longo do curso.
- Restauración de manualidades, para darlles unha segunda vida a pezas antigas ou deterioradas.
- Taller especial de Nadal (baixo reserva), no que se realizarán creacións temáticas para decorar ou regalar nestas datas.
Beneficios
- Desenvolver a creatividade e a capacidade artística.
- Aprender técnicas variadas e adaptadas a todos os niveis.
- Compartir experiencias nun ambiente participativo e enriquecedor.
- Levar a casa creacións personalizadas feitas por ti mesmo/a.
Información
- Lugar: Casa da Cultura da Caniza
- Día: Martes
- Horario: 15:45 h a 17:45 h - 18:00 h a 20:00 h
- Inicio do curso: 5 de outubro de 2026
Inscricións e contacto
Para máis información e reservas: Ana Gómez · 670 800 944
Horario
Comezo do curso o 5 de outubro de 2026
Impartición das clases: os martes 🕓 De 15:45 a 17:45 h e 🕕 De 18:00 a 20:00 h