Bando sobre medidas para paliar o problema dos cans soltos e excrementos nas vías e zonas públicas

B A N D O

LUIS ANTONIO GÓMEZ PIÑA,

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A CAÑIZA

FAI SABER

SOBRE AS MEDIDAS PARA PALIAR O PROBLEMA DOS CANS SOLTOS E EXCREMENTOS NAS VÍAS E ZONAS PÚBLICAS

 

Debido ás contínuas queixas veciñais manifestadas ante esta Alcaldía polo aumento considerable de cans soltos e defecacións animais nos viais e zonas públicas:

O Concello LEMBRA aos propietarios de cans da responsabilidade que teñen para con estes animais e da obriga de respetar as normas de convivencia cidadá, e en base ao anterior e ao disposto no artigo 6 d) da Ordenanza Municipal de limpeza, mantemento,conservación e ornato de espazos urbanos INFORMA sobre as seguintes medidas:

PRIMEIRO: os propietarios de animais deberán recoller os seus excrementos das zonas públicas.

Os excrementos caninos depositados na vía pública constituen un grave problema. A súa presenza nas nosas rúas representa un risco importante para a integridade física dos cidadáns xa que poden ocasionar caídas e ademáis supón un risco de contaxio de enfermidades graves, especialmente para os máis pequenos que, nos seus xogos, entran fácilmente en contacto cos pavimentos das rúas, prazas e parques.

Por todo isto, como medida hixiénica ineludible, as persoas que conduzan cans u outras clases de animais pola vía pública, están obrigados a recoller os excrementos dos seus animais, no caso de que éstes fagan as súas deposicións en calquera das partes da vía e zonas públicas.

SEGUNDO: recomendación de levar os animáis atados en todo o casco urbano.

Mentres estén na vía pública, os cans deberán ir atados e provistos de bozal cando o temperamento do animal así o aconselle. Ningún can pode estar solto en vía pública, sendo obrigatoria a utilización de correa ou cadena de menos de 2m de lonxitude. Nos espazos públicos a presenza e circulación dos cans deberá estar vixiada e controlada polo seu titular.

 

A Cañiza, 10 de abril de 2024

O Alcalde- Presidente Luis Antonio Gómez Piña

Bando sobre medidas para paliar o problema dos cans soltos e excrementos nas vías e zonas públicas