Crónica do Trofeo Xamón – Pretempada 26/27

E tras a celebración da nosa Feira máis coñecida, o pasado 16 de agosto o campo de fútbol de Augas Férreas acolleu unha nova edición do Trofeo Festa do Xamón 2026.

No encontro feminino, celebrado ás 18h na súa VI edición, o CF Cañiza proclamouse campión tras vencer por 2-0 ao CD Valladares.

E no LX encontro masculino, disputado ás 20h, a UD Mos conquistou o trofeo tras impoñerse por 4-0 ao CF Cañiza.

O Alcalde participou na entrega de trofeos aos equipos campións, nunha xornada na que tamén se compartiu a celebración con xogadores, xogadoras, directivas, afección e público e como non podía ser doutro xeito na Festa do Xamón, os catro equipos participantes tamén puideron gozar dos bocadillos de xamón.

Luis Piña agradeceu a todos os equipos a súa participación e, un año máis , felicitou ao club anfitrión polos éxitos acadados.

Grazas tamén a todas as persoas que se achegaron ao campo municipal de Augas Férreas para compartir esta xornada deportiva e festiva.