O Alcalde Luis Piña e directivos da Asociación Deportiva Plan C, coordinan o paso pola Cañiza desta nova edición da marcha cicloturista.
Un gran fondo que pasará por 8 concellos con dous percorridos. Un máis curto de 67km, 3 altos de montaña, e 1000 metros de desnivel e un 2º percorrido longo de 123 km, 6 altos de montaña e 2150 metros de desnivel.
O trazado desta nova edición discurre por un territorio cun alto valor paisaxístico, dominado polo curso dos ríos Miño e Tea e monumentos como o Mosteiro da Franqueira ou o Castelo de Sobroso.
A marcha, que leva o nome do ilustre exciclista ponteareán ALVARO PINO, aspira a consolidarse como unha das referencias do calendario cicloturista nacional.
O evento conta cunha páxina web www.clasicaalvaropino.com a través da cal se poden realizar as inscricións, coñecer máis a fondo a proba e manterse informado das novidades.