Graduación dos alumnos de 3º curso da Escola Infantil Municipal da Caniza
O pasado 29 de xuño celebrouse un emotivo acto de graduación na EIM da Caniza, en homenaxe aos 13 nenos e nenas que rematan o último curso do ciclo de 0 a 3 anos.
Os protagonistas da xornada, con apenas tres anos, foron o centro dun acto cheo de emoción, tenrura e orgullo para as súas familias e para toda a comunidade educativa.
O Alcalde, Luis Piña, participou neste acto tan especial coas familias e co profesorado e fixo entrega dos diplomas de graduación xunto coa educadora deste último curso, recoñecendo así o remate desta primeira e importante etapa educativa.
Acompañados polos seus pais, nais e familiares, os nenos e nenas viviron unha celebración que simboliza a finalización dos seus primeiros anos de aprendizaxe nun entorno escolar marcado polo coidado, as experiencias compartidas e os primeiros vínculos.
Os pequenos continuarán asistindo ao centro ata setembro, cando iniciarán unha nova etapa no Centro Público Integrado (CPI) da Caniza.
Dende o Concello queremos agradecer ás familias a confianza depositada na nosa Escola Infantil, así como recoñecer o labor que o equipo educativo e directivo realiza cada curso.
Parabéns aos nosos pequenos graduados e ás súas familias!
Galería multimedia