O Parque Central da Cañiza luce unha nova oliveira

O pasado venres plantamos esta nova árbore a carón do canastro

Unha fermosa oliveira procedente do Lugar da Uceira na parroquia de Oroso.

Dende o Concello, o Alcalde quixo agradecer á súa actual propietaria, a nosa veciña María Olivia Pérez Vidal, a doazón desta oliveira que plantou o seu avó, Francisco Vidal Alvarez hai anos na Uceira e que agora luce no Parque Central grazas a súa xenerosidade.