Obradoiro "Duelos das mulleres ao longo da vida"

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza

O Programa CLARA, impulsado conxuntamente polos concellos de A Caniza e Covelo para promover a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero, inicia a súa programación de actividades cun novo espazo de reflexión centrado na saúde emocional e o benestar das mulleres.

Este xoves 23 de xullo, ás 20:00 horas, na Aula CeMIT da Casa da Cultura de A Caniza, celebrarase o obradoiro "Duelos das mulleres ao longo da vida", impartido pola psicóloga sanitaria Sonia Suárez Arias.

A sesión abordará os diferentes procesos de perda que poden acompañar ás mulleres nas distintas etapas da súa vida, ofrecendo un espazo de reflexión e ferramentas para comprender e afrontar estas experiencias desde unha perspectiva psicolóxica e de autocoidado.

Durante o encontro trataranse cuestións como:
  • A perda da vida ou da saúde.
  • O duelo polos cambios no aspecto físico.
  • A perda do rol profesional ou laboral.
  • As rupturas familiares ou de parella.
  • A perda da identidade propia derivada da carga dos coidados.

Este obradoiro forma parte das accións formativas e de sensibilización do Programa CLARA, que nesta terceira edición continúa ofrecendo atención psicolóxica e xurídica gratuíta, orientación laboral e actividades centradas na igualdade, a saúde, o benestar e o empoderamento das mulleres de A Caniza e Covelo.

A participación é gratuíta e está aberta a todas as mulleres interesadas en adquirir recursos para afrontar os cambios e os procesos de perda que forman parte do ciclo vital.

Para máis información, solicitar cita ou participar nas distintas actividades do Programa CLARA, as persoas interesadas poden contactar cos teléfonos 606 118 853 e 687 227 495, tamén dispoñibles a través de WhatsApp.

O Programa CLARA está impulsado polos concellos de A Caniza e Covelo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Goberno de España, no marco do FSE+ Galicia 2021-2027.

Logos Programa Clara 2026
Horario

O xoves 23 de xullo de 2026, a partires das 20h no Aula CeMit da Casa de Cultura da Caniza