Representación da obra teatral "Feminíssimas", da compañía De Ste Xeito Producións

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Verán de Lecer Concello da Caniza
Teatro

O Concello continúa coa programación do Verán de Lecer 2026 coa representación da obra teatral "Feminíssimas", da compañía De Ste Xeito Producións, que terá lugar o sábado 22 de agosto, ás 21:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura da Caniza.

Esta proposta escénica, recomendada para maiores de 12 anos, está protagonizada por Ana San Fernando, Nadia Doménech e Stephy Llaryora, baixo a dirección de Xavier Castiñeira e con dramaturxia de Esther F. Carrodeguas.

"Feminíssimas" é unha comedia contemporánea que aborda, con humor, ironía e espírito crítico, cuestións relacionadas co feminismo, a igualdade e as relacións persoais. A través do reencontro de tres antigas compañeiras de instituto, a obra pon sobre o escenario diferentes formas de entender o feminismo e os conflitos que xorden cando conviven posturas e experiencias vitais diversas. Cunha linguaxe próxima e un ritmo áxil, a peza convida á reflexión sen renunciar ao entretemento.

A produción forma parte do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que promove a programación de espectáculos profesionais de teatro e danza nos concellos da provincia, facilitando o acceso da cidadanía ás artes escénicas e apoiando o traballo das compañías galegas.

 

Representación da obra teatral "Feminíssimas", da compañía De Ste Xeito Producións
Horario

O Sábado 22 de agosto, a partires das 21:30 horas no Auditorio da Casa de Cultura da Caniza