|
Inicio

A Cañiza
Unha das claves para o bo funcionamento da administración local é, sen dúbida, a proximidade e o trato directo cos nosos veciños, cos administrados. Por iso é obriga de todos os que traballamos nesta administración, facilitar en todo o posíbel, aos nosos cidadáns, a resolución das súas peticións con eficacia, axilidade e rigor, estudiando a fondo as súas reclamacións, problemáticas ou suxerencias, sen descoidar o tempo. E se é ben certo que en ocasións non resulta doado acadar unha solución rápida e efectiva a algúns plantexamentos, si é a nosa obriga facilitar en todo o momento, aos nosos veciños, unha resposta ou alternativa o máis axeitada posible, enténdese no eido administrativo.
A Cañiza é unha vila rural, de media montaña e interior, que ronda os 6.500 veciños, na que practicamente nos coñecemos todos. Esta resulta unha favorecedora vantaxe fronte aos grandes Concellos que teñen que realizar un importante esforzo por achegar a administración ao administrado. Neste senso temos un grande camiño percorrido, aínda que nos atopamos con outras trabas como a falla de orzamento para facer fronte a todas aquelas carencias que por outra banda tenden a padecer os municipios rurais. Aínda así todas as administracións locais, xa sexan das grandes urbes como das pequenas localidades, contan cunha estructura administrativa que en ocasións pode resultar complexa. Unha das nosas labores é a de conseguir que esta estructura sexa o máis transparente e eficaz que se poida. As nosas enerxías van dirixidas día a día a acadar este importante obxectivo, entre outros.
Por todo isto, o Concello da Cañiza pon en marcha a súa páxina Web como un instrumento máis para achegar e amosar aos veciños da Vila os servizos con que conta e os trámites e consultas administrativas as que pode acceder a través da rede. E indo un pouco máis alá, a páxina tamén ven a converterse nun escaparate da Cañiza para todos os foráneos internautas que desexen coñecer a terra do bo xamón.
Benvidos.
Miguel Adolfo Domínguez Alfonso
Alcalde de A Cañiza
Biografía Alcalde D. Miguel Adolfo Domínguez Alfonso (en elaboración)
Corporacións democráticas
Accede aos datos dos alcaldes e á historia das corporacións democráticas da vila.
Concello
Consulta a localización, características e historia do edificio da Casa do Concello.
Xunta de Goberno
Órgano executivo das decisións municipais.
Concellarías
Competencias dos concelleiros e distribución de tarefas de goberno para a xestión municipal.
Pleno
A máxima representación política da cidadanía son o alcalde e os concelleiros.
Comisións
Grupos de estudo e comisións.
Heráldica do Municipio da cañiza
Historia do Escudo e Bandeira da Cañiza.
Escudo do Concello da Cañiza
Descrición heráldica do Escudo da Vila.
Bandeira do Concello da Cañiza
Descrición heráldica da Bandeira da Cañiza.
Organigrama
Estrutura da organización interna das dependencias da Administración municipal.
Guía de comunicación
Directorio de enderezos municipais.
Teléfonos de Urxencias
|