Accesibilidade Castellano 

BuscadorMapa webAcerca deste sitioWeb da XuntaPerfil do contratanteConcello Dixital

 

Consultas Online
Consultas Offline
Trámites
Suxerencias
Taboleiro de anuncios
RSS
FAQ
Contacto


El Tiempo en A Cañiza


 

Inicio
Novas
O Pobo
Turismo
Festas
Servizos
Deportes
Xuventude
Gastronomía
Historia
Parroquias
Galerías


Verán cultural 2010
Festa Feira do Xamón na Cañiza 2010
Presentación dos libros de Manuel Rodríguez Troncoso
O Pobo

A CAÑIZA, Vila de interior e de montaña

Pola carretera N-120 Vigo- Logroño ou pola Autovía A-52 das Rías Baixas, chégase á localidade de A Cañiza, vila do sur de Galicia, na parte SE da provincia de Pontevedra. Ten unha extensión de 108,1 Km.2, a súa poboación aproxímase aos 7.200 habitantes distribuídos en 9 parroquias. A Cañiza forma parte da comarca de A Paradanta.

Este municipio con categoría de vila, destaca pola súa excelente oferta turística e polo forte impulso que está a experimentar o sector industrial e empresarial.

A esmerada e exquisita gastronomía da zona, baseada nos productos cárnicos co xamón como abanderado e a celebración de importantes eventos, como antiquísimas romerías de A Franqueira, declaradas pola Comunidade Autónoma de Galiza como Festa de Interese Turístico, ou a coñecida Feira do Xamón, son algúns dos seus reclamos turísticos.

Esta localidade de media montaña e interior ofrece a oportunidade de contemplar unha acusada diversidade paisaxística provocada polos desniveis de montañas e vagoadas e de coñecer o seu patrimonio artístico, as costumbres das xentes e disfrutar dos variados acontecementos populares que teñen lugar ao longo do ano. A oferta turística complétase cuns servizos concebidos para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e, do mesmo xeito, para satisfacer as necesidades e demandas dos viaxeiros que a diario visitan A Cañiza.


Situación e Vías de Comunicación
A Cañiza está situada nun enclave estratéxico a 30' de Vigo e 20' de Ourense

Concello de A Cañiza ©2006 Aviso LegalPrivacidade