|
Turismo
   TURISMO: para gozar
O municipio da Cañiza propón unha variada oferta turística
Logotipo turístico da vila da Cañiza
Dende sempre a Vila da Cañiza foi elexida por turistas e visitantes para gozar da época estival polo seu cálido clima, por estar enclavada nun marco natural de excepción cunha acusada diversidade paisaxística que permite todo tipo de actividades turísticas, pola tranquila convivencia diaria e por contar cunhas vías de comunicación inmellorables que permiten recortar as distancias entre A Cañiza e as grandes urbes galegas así como o norte de Portugal.
Para poder gozar ao máximo do seu turismo, o Concello preocupouse de acondicionar diversas áreas recreativas na meirande parte das parroquias, dotándoas de miradores, asadores, fontes, iluminación e outros equipamentos.
Cámping Municipal “Carballo do Marco”
Ademais a Vila ofrece unhas inmellorables instalacións turístico- deportivas, entre as que destaca o cámping “Carballo do Marco” situado nun extraordinario paraxe, a unha altura de 600 metros e rodeado de vexetación autóctona característica desta zona de media montaña. Nas súas inmediacións pódese gozar de pistas de tenis, pavillóns deportivos e da piscina ao aire libre de As Grades que se converteu na gran atracción do verán.
Piscina ao aire libre de As Grades
Nesta piscina acometéronse durante os últimos anos importantísimas reformas tanto na mellora do sistema de estanqueidade coma no revestimento do interior dos vasos con mosaico vítreo. Tamén se executaron outras obras complementarias como a mellora da estrada de acceso a esta instalación, a construcción dun peche de pedra e a sustitución da louza de toda a zona de paseo que, ademais, experimentou unha notable ampliación. Pero a gran atracción da piscina foi a adquisición dunha bola xeneradora de ondas artificiais, situada nunha parte debidamente acondicionada desta piscina, que converteu esta instalación acuática nunhas das máis novedosas de Galicia.
Piscina Municipal ao aire libre de As Grades
Conxuntos histórico - monumentais
A oferta turística cañicense tamén inclúe o Conxunto histórico - monumental da Franqueira, os montes de O Pedroso e A Paradanta cos seus miradores e amplas zonas verdes, magníficos monumentos histórico- artísticos, pazos e casas señoriais que son lugares de interese y de visita obrigada.
Patrimonio: arquitectura civil e relixiosa
Curros de cabalos
A celebración de varios curros de cabalos, de verbenas populares así como a ampla gama de actividades e actos culturais e deportivos que contempla o programa cultural do mes de agosto son outras opcións a ter en conta.
Curros de cabalos que se celebran no monte Paradanta e Pedroso do Municipio
Feira do Xamón o 15 de agosto
Pero sen dúbida o acontecemento de maior interese do verán cañicense é a celebración da Festa - Feira do Xamón que o 15 de agosto alcanzará o seu 42 aniversario (1.966 & 2.008).
Qué visitar na Cañiza: lugares para coñecer e gozar
Historia do Santuario da Nosa Señora a Virxe da Franqueira
Os sendeiros da Cañiza e da comarca da Paradanta
Áreas recreativas e miradores da Cañiza
• Casas de Turismo Rural
Guía de casas de turismo rural, hoteis e restaurantes
COMPLEXO HOSTELERO “OS DO RESERO”
Casa de Labranza A Resero@ - Turismo Rural – Club Hípico
Mesón – Xamonería - Cafetería - Asador - Restaurante
Finca O Vieiro - Ctr0. de Crecente, Km. 0,6
Tel / Fax: 986 652 431
TURISMO RURAL E CENTRO DE TERAPIAS NATURAIS “ESCRIBANA DE TORGO”
Pola Autovía Rías Baixas A-52, salida A Cañiza. Desde la Plaza Mayor son 8 Km. hasta Torgo
Lg. De Torgo, nº 3 – Parada de Achas
Tel: 653 571 610 - Fax: 986 655 186
casarural@escribanadetorgo.com - www.escribanadetorgo.com
• Estudio Casa Museo do Pintor Diego de Giráldez
Presentación do pintor cañicense Diego de Giráldez polo Alcalde da Vila
Biografía de Diego de Giráldez
Críticas de arte sobre a obra pictórica do autor realizadas por personalidades do mundo da cultura e literatura
|