Accesibilidade Castellano 

BuscadorMapa webAcerca deste sitioWeb da XuntaPerfil do contratanteConcello Dixital

 

Consultas Online
Consultas Offline
Trámites
Suxerencias
Taboleiro de anuncios
RSS
FAQ
Contacto


El Tiempo en A Cañiza


 

Inicio
Novas
O Pobo
Turismo
Festas
Servizos
Deportes
Xuventude
Gastronomía
Historia
Parroquias
Galerías

Festas

FESTAS E ROMAXES

Ao longo do ano a vila da Cañiza acolle numerosas celebracións lúdico-festivas, eventos gastronómicos, festas parroquiais e romaxes litúrxicas. Pero de todas elas as máis relevantes son as Romaxes da Nosa Señora a Virxe da Franqueira e a Feira do Xamón da Cañiza. Despois lle siguen en importancia a festividade do Santo Cristo da Agonía da Cañiza, a festa de Santa Teresa de Xesús, Patrona da Vila e a Romaxe da Peña de Francia, na parroquia de Parada.

AS ROMAXES DA VIRXE DA FRANQUEIRA
A Franqueira acolle as antiquísimas romaxes da Nosa Señora da Fonte como tamén se coñece á Virxe.

Moitas son as celebracións litúrxicas de carácter mariano que, ao longo do ano, se celebran na nosa Comunidade. De especial renombre é a romaxe de Primavera na honra da Nosa Señora a Virxe da Franqueira, festividade coñecida por moitos como As Pascuillas e que destaca, ademáis de polos oficios relixiosos e antigas liturxias, pola complicidade e armonía que se respira entre as xentes que participan nas numerosas peregrinacións.
A romaxe tamén brinda a excusa perfecta para perderse entre as paixases da alta montaña salpicada polas cores das xestas e da chorima e de voltar a percorrer e descubrir as veredas e sendeiros que conducen á Franqueira.
Non se sabe certo cando comenzou a celebrarse esta romaxe. O que sí trascendeu é que a súa veneración remóntase a séculos pasados, non en van esta virxe de granito de corte monxil, está considerada polos historiadores como unha das imaxes marianas máis antigas de toda Galicia, xunto coa Virxe da Barca de Muxia e a Virxe das Ermidas do Bolo. Se ten constancia de que ás tres, se lle deu culto xa no século VII.

Festa de Interese Turístico de Galicia.

A súa antigüedade, xunto coa devoción que lle profesan os milleiros de galegos e romeiros do norte de Portugal e a particularidade da romaxe, foron aspectos considerados pola Xunta de Galicia para declarala Festa de Interese Turístico da Comunidade Autónoma hai nove anos.
Da súa historia, a súa lenda, as súas romaxes, o santuario e o mosteiro se publicaron diversas monografías. Tamén foron moitos os escritores que escribiron sobre esta imaxe tallada en granito de trazas románicas con reminiscencias góticas, cuio autor podería ser un canteiro galego.
Contan os lugareños que orixinariamente a imaxe esculpírase nun único bloque de pedra cunha altura cinco veces superior á actual talla da Virxe e que este pilar, co paso do tempo, e por razóns de manexabilidade, foise acortando polos canteiros do lugar que correron diversa sorte.

O pintor Sotomayor e o poeta Cabanillas visitaron o Santuario a principios do século XX

Verdade ou lenda o certo é que a imaxe da Virxe da Fonte, como tamén se coñece, non deixa indiferente a quen a admira por vez primeira e así o testemuñaron os pintores, xornalistas, escritores e poetas que xa nos anos 20 do pasado século acudían ao alto do Santuario para saber daquela romaxe.
Este é o caso do escritor galego D. Ramón Cabanillas quen recuperou un peculiar romance que recreaba, en verso, a loita dialéctica entre un príncipe mouro e un devoto cristiá. Esta loita verbal forma parte dunha das lendas da Virxe e da representación teatral que todos os 8 de setembro se escenifica na romaxe de verán, data na que se festexa o nacemento de María.
Ata estas terras da Paradanta viaxou tamén no ano 1.922 o pintor ferrolán Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, quen dominando á perfección a temática do costumbrismo labrego, plasmou nun lenzo de 1.98 x 2.12 a obra “PROCESIÓN DA VIRXE DE A FRANQUEIRA”, actualmente propiedade do Centro Galego de Bos Aires que o exhibe no seu Salón Presidencial. O cadro é testigo directo da impronta que deixou a romaxe en quen, no seu día, foi director do Museo do Prado. A memoria popular tamén gardou como reliquia as visitas que, nalgunha ocasión, realizou ao Santuario como peregrina “A Raíña Santa”. A historia daqueles tempos conta que así era chamada polo pobo a Infanta Dona Isabel, filla de D. Pedro III de Aragón e que foi raíña de Portugal pola súa boda co Rei Dionisio I e venerada nos altares co nome de Santa Isabel de Portugal. Ata que se construíu a estrada actual que comunica Ourense con Vigo, a mediados do século XIX, pasaba pola pequena poboación da Franqueira o Camiño ou Vereda Real de Ourense a Tui e Vigo.

A Virxe é Alcaldesa Honoraria da Vila da Cañiza

Como dato histórico cabe destacar que o 21 de xullo do ano 1963, Fray José López Ortiz coroou canónicamente a “venerada imaxe da Virxe” e o 23 de xullo de 1988, D. José Cerviño e Cerviño, na celebración das Bodas de Plata da Coroación, consagrou a Diócesis de Tui-Vigo á Virxe.
Ademáis a Nosa Señora da Franqueira é Alcaldesa Honoraria da Vila da Cañiza dende o ano 1.957. Neste ano, nun Pleno Extraordinario celebrado o 31 de maio, o Alcalde daquel entonces deu conta á Corporación do entusiasmo con que a poboación agardaba o momento da Coroación canónica, que se celebraría case seis anos despois, e coma unha homenaxe previa a este acto da coroación canónica se decidiu, por unanimidade, nomeala Alcaldesa Honoraria.


No século XVIII celebrábanse cinco romaxes na súa honra

En canto á súa veneración, consta que antigamente se celebraban no Santuario cinco festas marianas: na Pascua de Nadal, na de Resurrección, Pentecostés, o día da Asunción da Virxe o 15 de agosto e o día do Nacemento de María o 8 de setembro. De todas elas na actualidade so se celebran dúas: a Romaxe de Primavera, máis coñecida como As Pascuillas e a de Verán o 8 de setembro.

Romaxe de Primavera da Virxe da Franqueira, máis coñecida como "As Pascuillas". Celébrase o luns de Pentecostés: 50 días contados a partir do Domingo de Resurrección

Cartel da Romería e calendario de celebracións: 24 de maio de 2.010 festivo local.

Romaxe de Verán da Virxe da Franqueira. Celébrase sempre o 8 de setembro

FESTA – FEIRA DO XAMÓN DA CAÑIZA ( 15 DE AGOSTO)

A xornada gastronómica comeza a partires das 11,00 da mañá coa saída da Comitiva do Xamón dende as portas da Casa Consistorial da Cañiza. O desfile o encabezan os típicos carros do país seguidos de mozos e mozas ataviados con traxes rexionais, portadores da bandexas de xamón. Todos eles acompañados por un grupo folclórico, polos centenarios cabezudos da Vila e os membros da Cofradía do xamón. A comitiva desfilará polas rúas da Cañiza ata chegar á Praza Maior, onde dende as 11 da mañá, se poderán adquirir, nunha palloza cuberta de colmo, os tikes que dan dereito á degustación das diferentes tapas de xamón postas á venda.


Inicios e historia da Feira do Xamón da Cañiza (1966 & 2010)

Cartel da 44 º Edición Feira do Xamón da Cañiza: 15 de agosto de 2010

Anuncio publicitario da 44 Edición da Feira do Xamón da Cañiza: 15 de agosto de 2010



OUTRAS CELEBRACIÓNS CON TRADICIÓN NA LOCALIDADE

Festividade de Santa Teresa de Xesús. Patrona da Cañiza. 15 de outubro

Festividade do Santísimo Cristo da Agonía da Cañiza. 2º Domingo do mes de xullo. Cartel 2009

Romaxe da Virxe da Peña de Francia de Parada. 21 de setembro

Calendario completo de festas e romaxes




Concello de A Cañiza ©2006 Aviso LegalPrivacidade