|
Servizos
 Alcaldía
Atención aos veciños
Alcaldía: atención aos veciños
Casa do Concello
Rúa Oriente, nº 11 – 1ª andar
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 651000 – 986 651001 – 986 651503
Fax: 986 651190
Horario de atención: de luns a venres de 10:00 a 14:30 horas
Sábados: con cita previa
Matrimonios civís
Casa do Concello: Alcaldía
Rúa Oriente, nº 11 – 1º andar
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 651000 – 986 651001 – 986 651503
Fax: 986 651190
Horario de atención: de luns a venres de 10:00 a 14:30 horas
Rexistro de Parellas de Feito
Casa do Concello: Secretaría Xeral
Rúa Oriente, nº 11 - 1º andar
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.:986 651000 - 986 651001 - 986 651503
Fax: 986 651190
Horario de atención: de luns a venres de 10:00 a 14:30 horas
Atención aos veciños e Matrimonios Civís
Comunicación e prensa
Comunicación
Casa do Concello
Rúa Oriente, nº 11 – 1ª andar
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 651000 – 986 651001 – 986 651503
Fax: 986 651190
Horario de atención: de luns a venres de 10:00 a 14:30 horas
Facilita a información institucional para aos diferentes medios de comunicación.
Ocúpase da inserción da publicidade institucional remitida polos distintos servizos municipais.
Remite aos diferentes medios de comunicación as informacións facilitadas polos veciños e que poideran ser de interese comunitario.
Envía aos medios de prensa reportaxes periódicas para dar unha maior proxección ás posibilidades económicas, empresariais, turísticas e festivas do Municipio.
Comunicación e prensa
Servizos xerais
Atención ao Cidadán
Casa do Concello
Rúa Oriente, nº 11 – 1ª andar
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 651000 – 986 651001 – 986 651503
Fax: 986 651190
Horario: de Luns a venres de 9:30 a 13:30 horas
Sábados: de 9:30 a 13:30 horas
Ten como obxectivo prioritario que os cidadáns poidan acceder ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e a utilización dos bens e servizos públicos.
As súas funcións:
•Orientación e información: ofrece aclaracións e axudas de índole práctica sobre procedementos, requisitos ou documentación para os proxectos ou solicitudes que se propoña realizar un cidadán ou para acceder ao disfrute dun servizo público ou beneficiarse dunha prestación.
•Entrega de instancias e colaboración e asesoramento na súa cumprimentación sobre a realización da maior parte dos trámites municipais: licenzas, denuncias, informacións urbanísticas, pago de tributos municipais, certificados de datos persoais dos que dispoña o Concello (padróns de habitantes, tarxetas de minusválido, título de familia numerosa, etc.).
•Recibe e tramita as reclamacións, denuncias, peticións e outros plantexamentos por parte do cidadán.
•Xestión de información administrativa municipal.
Nestas dependencias pódense consultar os boletíns oficiais (BOE, DOGA e BOP do ano en curso), a normativa local e a cartografía municipal.
Atención ao cidadán
Persoal e Contratación
Casa do Concello
Rúa Oriente, nº 11 – 1ª andar
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 651000 – 986 651001 – 986 651503
Fax: 986 651190
Horario: de Luns a venres de 9:30 a 13:30 horas
Sábados: de 9:30 a 13:30 horas
Neste departamento o cidadán pode obter información sobre calquera aspecto relacionado cos seguintes temas:
•Convocatorias do Concello de prazas de persoal e das súas bases.
•Contido da oferta pública de emprego deste municipio.
•Selección de persoal: interino, contratado laboral temporal.
•Datas de publicación e prazos de presentación de instancias para a cobertura das prazas.
•Bolsas de prácticas nos Centros Turísticos Municipais durante a tempada de verán
Persoal e contratación
Normalización lingüística
Casa de Cultura de A Cañiza
Rúa Progreso, s/n – 1º andar
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 652 132
Fax: 986 651 190
Horario: luns a venres de 16:00 a 22:00 horas
Entre as principais funcións deste servizo están:
•Galeguización dos servizos municipais administrativos.
•Promoción do idioma galego
Empezando polo uso interno: documentación escrita, formularios, formación lingüística do persoal, dotación de material de apoio, de xeito que calquera cidadán que se achegue ao Concello poida ser atendido en galego e esta sexa, progresivamente, a primeira lingua de comunicación.
Realizando outras actividades como servizo de asesoramento e información a todas as persoas ou entidades que o demanden: programación de cursos de lingua, campañas informativas ou de sensibilización e organización de actividades diversas.
Rexistro xeral
Neste departamento dáselles entrada aos documentos que teñen como destinatario o Concello e saída aos oficios, notificacións, ordes, comunicacións, certificacións, expedientes ou resolucións que expida ou emanen da Corporación, autoridades ou funcionarios. Garántese a constancia de entrada ou saída mediante o correspondente asento de todo escrito, comunicación ou oficio que sexa presentado ou se reciba nesta oficina.
A persoa que presente documento no Rexistro poderá solicitar unha copia selada do documento que presente, que deberá achegala o interesado.
Rexistro xeral
Padrón municipal de habitantes
Casa do Concello
Rúa Oriente, nº 11 – 1ª andar
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 651000 – 986 651001 – 986 651503
Fax: 986 651190
Horario: de Luns a venres: de 9:30 a 13:30 horas
Sábados: de 9:30 a 13:30 horas
•Xestiona o rexistro administrativo no que constan datos dos veciños do termo municipal debidamente empadroados.
•Expide os certificados de empadroamento e de convivencia.
•Xestiona as baixas no rexistro.
•Tramita os cambios de datos no padrón.
Trámites
•Alta no padrón municipal de habitantes
•Cambio de domicilio dentro do ámbito municipal
•Certificado de empadroamento
•Solicitude de certificado de convivencia
Alta no padrón municipal de habitantes
Certificado de empadroamento
Cambio de domicilio dentro do ámbito municipal
Solicitude de certificado de convivencia
Estudio poblacional da vila da caniza
Arquivo municipal
O Arquivo municipal é o depósito onde se conservan ordenadamente documentos, escrituras e expedientes pertencentes e relacionados co Concello coa finalidade de ser utilizados para a xestión administrativa, a información, a cultura e a investigación e para conservar a memoria histórica do noso municipio.
Arquivo municipal da Cañiza
Axente de Desenvolvemento Local (ADL)
A rede de técnicos e axentes de emprego é unha infraestructura de servicios, asesoramento e apoio impulsado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para a implantación de políticas activas de emprego, a creación e consolidación de iniciativas empresariais e a xeración de novos postos de traballo no Ámbito local da Comunidade Autónoma de Galicia.
Servicios prestados pola rede.
-Asesoramento e apoio para a creación de empresas e iniciativas á creación de emprego.
-Colaboración na posta en marcha de proxectos empresariais creadores de emprego.
-Orientación sobre mecanismos de axuda e apoio financieiro a empresas.
-Búsqueda de oportunidades de negocio e investigación sobre as posibilidades de desenvolvemento económico no territorio dos diferentes proxectos.
-Dinamización socioeconómica no ámbito local.
-Participación en proxectos da Unión Europea.
Información sobre o servicio no concello
- Marcos Gómez González
Axente de emprego local do concello de A Cañiza
Horario : de 9 a 13:30 nas dependencias do concello.
www.tecnicosempregogalicia.xunta.es
Axente Local de Emprego
Secretaría Xeral
Rúa Oriente, nº 11 – 1ª andar
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 651000 – 986 651001 – 986 651503
Fax: 986 651190
Horario: de Luns a venres: de 9:30 a 13:30 horas
Ao secretario/a xeral correspóndelle a función de fe pública e asesoramento legal preceptivo.
Secretaría
Servizos básicos, obras, parques e xardíns
Brigada Municipal de vías e obras
Tel. Contacto: 986 651 000
Tel. Encargado da brigada de obras: 639 334 857
Brigada de emerxencias:
Horario: as 24 horas
Tels. 618 554 401 - 618 554 402
Brigada Municipa de vías e obras
Parques, xardíns e áreas recreativas
Parques e xardíns
Oficina municipal de información ao consumidor (OMIC)
Punto Limpo. Medio Ambiente
O punto limpo da Cañiza é unha instalación onde os veciños poden depositar os residuos non orgánicos e voluminosos que non se poden verter nos contenedores verdes de recollida normal. O Concello conta ademais cun servizo de recollida polas parroquias o último xoves de cada mes previo aviso nos teléfonos de información xeral (986 651000 - 986651001). Os comerciantes, empresarios e industriais non poden acceder a este servizo xa que por ley están obrigados a xestionar os seus propios residuos industriais.
Funcionamento Punto Limpio da Cañiza
Consultar Regulamento Funcionamento Punto Limpo da Cañiza
Servizos económicos
Intervención. Fiscalización, orzamentos e contabilidade
Casa do Concello
Oficias municipais – rúa Oriente, nº 11 – 1º andar
36880 A CAÑIZA
Tel.: 986 651 000 – 986 651 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
As funcións da Intervención municipal son:
•O control e fiscalización interna da xestión económica – financeira e orzamentaria.
•A contabilidade. A función de contabilidade comprende:
Intervención
Tesouraría
Casa do Concello
Oficias municipais – rúa Oriente, nº 11 – 1º andar
36880 A CAÑIZA
Tel.: 986 651 000 – 986 651 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
A función da Tesouraría comprende o manexo e custodia de fondos, valores e efectos da Entidade Local, de conformidade co establecido polas disposicións legais vixentes.
Tesouraria
Servizos urbanísticos
Dirección de área de Urbanismo
Casa do Concello de A Cañiza . Oficinas Municipais. Servizo de Urbanismo
Planta 1ª- Rúa Oriente, nº 11
36880 A CAÑIZA (Pontevedra)
Tels. 986 651000- 986 651001
Fax: 986651190
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9 a 14 horas.
O persoal técnico atende ao público os luns, mércores e venres.
A área de urbanismo comprende os seguintes servizos:
•Licenzas e Disciplina urbanística: encárgase da tramitación e informe de licenzas (expedientes de obra maior e menor, apertura de actividades...) e dos expedientes derivados da comisión de infraccións urbanísticas.
•Planeamento e Xestión Urbanística. Asume as tarefas relativas ao Planeamento xeral e de desenvolvemento (informe e tramitación do plan xeral, plans parciais, especiais, de sectorización, estudos de detalle e proxectos de urbanización), xestión do solo e cartografía.
•Obras e Proxectos: as súas funcións vincúlanse á dirección e supervisión das obras e proxectos de iniciativa pública.
Dirección de área de Urbanismo
Licenzas e disciplina urbanistica
Información sobre licenzas de obra menor
Información sobre licenzas de obra maior
Información sobre licenzas de primeira ocupación
Información sobre licenzas de apertura de actividades
Información sobre cambio de titularidade de licenza de obras
Información sobre cambio de titularidade de licenza de apertura
Cómo solicitar informacións urbanísticas
Información sobre ocupación de vía pública
Información sobre parcelacións e segregacións
Planeamento e Xestión
Servizos de igualdade e benestar social
Servizos sociais e de atención primaria
Casa do Concello
Rúa Oriente, nº 11 – Baixo
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 652435
Fax: 986 651190
Horario de atención ao cidadá: de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas.
Os Servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.
Os Servizos sociais municipais teñen por obxecto:
• A detección e análise das necesidades e carencias sociais dos cañicenses.
• A información, a orientación e o asesoramento á cidadanía sobre os seus dereitos sociais e os procedementos para o seu exercicio.
• A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade.
• A mellora da autonomía persoal.
• A inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
• A animación e o desenvolvemento comunitario.
• A mellora da cooperación e solidariedade expresada no voluntariado social.
Horario de Atención de 9:30 a 13:30:
Días de atención: martes e xoves
Outros días solicitar cita previa chamando ao 986-652435
Cóntase cos seguintes servicios:
1.- PROXECTO DE INFORMACION - VALORACIÓN E ASESORAMENTO
2.- PROGRAMA DE AXUDA A DOMICILIO
3.-SERVIZO DE CONVIVENCIA, DE PREVENCIÓN E DE INSERCIÓN SOCIAL
4. ATENCIÓN ESPECIALIZADA
Para os Menores
Para a Muller
Para os Maiores
Para persoas en desventaxa social
Para discapacitados
Para minorías étnicas e inmigración
Outros trámites
Documento completo e detallado dos programas de servizo social
Centro de Atención á Infancia da Cañiza
rúa Progreso, s/n
36880 A CAÑIZA
Tel.: 986 652 132 – 986 651 000
Horarios do centro
De luns a venres de 8:30 horas a 20:00 horas ininterrumpidamente agás os fins de semana e festivos.
En verán: consultar horario
Toda a información que debe saber sobre o Centro de Atención a la infancia. Solicitude de Prazas
Prezos de aplicación actualizados
Modelo normalizado de solicitude de plaza no centro
1º Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello da Cañiza (PIOM)
Texto completo do PIOM da Cañiza
Informacion sobre a presentación do PIOM na Cañiza
Tráfico e seguridade
No departamento de Tráfico proxéctase a ordenación da circulación na cidade, mediante o establecemento e mantemento da sinalización horizontal e vertical e do control do aparcamento de superficie, entre outras.
Tramita as solicitudes de tarxetas de discapacitados.
Tramitación da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidades
Policía Local
Casa do Concello de A Cañiza
Rúa Oriente, nº 11 – baixo
36880 A CAÑIZA
e-mail: policia@caniza.org
Tel.: 986 651 000 – 986 651 001 – 639 334 900
Fax: 986 651 190
O Corpo da Policía Local ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.
As súas funcións, que exercen dentro do termo municipal, son:
• Auxiliar e protexer as persoas e bens.
• Velar polo cumprimento das normas.
• Ordenar, sinalizar, regular e dirixir o tráfico no casco urbano de acordo co establecido nas normas de circulación.
• Instruír atestados por accidentes de circulación.
• Protexer as autoridades da Corporación local e vixiar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
• Policía administrativa no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
• Prestar auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública na execución dos plans de Protección civil.
• Efectuar dilixencias de prevención e actuacións tendentes a evitar a comisión de actos delictivos.
• Vixiar os espacios públicos e colaborar coas forzas de seguridade do Estado.
Servizos socioculturais
Aula de Teatro Municipal
Axencia de Lectura de Valeixe. Centro Cultural de Miñoteira
Biblioteca Municipal da Cañiza. Planta baixa da Casa do Concello
Centros Socioculturais. Inventario de centros e direccións
Coral Polifónica da Cañiza
Relación de Asociacións con domicilio social na Cañiza
PROGRAMACIÓN CULTURAL
Veran cultural 2010 concello de A Caniza
Programación de Nadal 2.009. Casa de Cultura da Cañiza
|