|
Deportes
   Departamento de Deportes
Casa do Concello
Oficinas municipais – rúa Oriente, nº 11 – 1º andar
Tel.: 986 651 000 Fax: 986 651 190
Horario: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 14:00 h.
Este servizo ten como funcións:
• Pogramar cursos e actividades de prácticas deportivas e xestionar o uso das instalacións deportivas municipais.
• Caborar coas entidades, clubs e asociacións deportivas para promover o deporte entre os veciños da Vila mediante convenios de colaboración, tramitación de subvencións, etc.
• Informar sobre calquera das actividades que xurdan ou nas que participe o departamento e sobre os trámites para a utilización de instalacións municipais.
Durante o ano desenvólvense numerosas competicións e actividades deportivas:
Festa da Bicicleta durante o mes de xullo
Campamento urbano de verán para nenos
XIX Maratón Fútbol Sala da Cañiza: 24 horas e Maratón feminino
Criterium Automóviles Clásicos A Cañiza en agosto
Tirada do Xamón de A Cañiza. Campionato de tiro ao prato
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Inventario
Inauguración do Campo de Fútbol de céspede artificial "Augas Férreas da Cañiza" o 14 de marzo de 2.009
O DEPORTE NA CAÑIZA E AS SÚAS INSTALACIÓNS
O pobo de A Cañiza sempre se esforzou por ofrecer aos seus veciños e turistas unhas instalacións turistico-deportivas inmellorables, destacamos:
- Camping “Carballo do Marco”
Situado nunha paraxe extraordinaria rodeado de vexetación autóctona característica desta zona de media montaña
- Pistas de tenis
- Pavillóns polideportivos
- Piscina ao aire libre de As Grades, que se converteu, por méritos, na grande atracción do verán cañicense.
Esta instalación que cumpliu xa máis de 3 décadas, sufriu unha transformación radical no inverno do 2.003, data na que tivo lugar a reforma máis importante dende a súa construcción. Nesta remodelación mellorouse o sistema de estanqueidad, o revestimento do interior dos vasos con mosaico vítrico, adaptándoa en todos os aspectos ao requerido pola Lei. Se executaron outras obras complementarias como a mellora da estrada de acceso a esta instalación, a construcción dun cierre de pedra e a sustitución da louza de toda la zona de paseo que, ademáis, experimentou unha notable ampliación. Pero, sen dúbida, a grande atracción da piscina foi a adquisición dunha bola xeneradora de olas artificiais, ubicada nunha zona debidamente acondicionada desta piscina, que fixo desta instalación acuática unha das máis visitadas dos arredores.
- Piscina Municipal Climatizada.
A piscina cuberta, inaugurada na primaveira de 1.995, está homologada pola Federación Galega de Natación xa que cumpre con todos os requisitos e normativas esixidas nos reglamentos para a celebración de competicións de natación organizadas por esta Federación.
As súas instalacións están ubicadas no complexo municipal que ao mesmo tempo, alberga a Casa da Cultura e o Cine Paradanta. Ten capacidade para unhas 300 persoas aproximadamente, repartidas entre a zona de espectadores -que conta cun aforo para 200 persoas- e a zona de vestiarios e piscinas con capacidade para máis de 150 bañistas.
Esta instalación deportiva dispón de dúas cubas. O recinto da piscina olímpica, destinada a competición, cunhas medidas de 25'00 por 12'51 m. e 6 ruas e a piscina de ensinanza que dispón de un total de 75 metros cadrados tendo unhas dimensións de 12'50 por 6'00 m.
Na actualidade estase a construír, anexo a este edificio, un centro que estará comunicado, dotado de dúas pistas de squast, ximnasio, sala de aerobic, sala de masaxes e saunas, adaptado a minusválidos e que virá a completar a oferta deportiva da Cañiza.
Cursos que se imparten na piscina municipal climatizada durante 2010
Folla de Inscrición
Horario piscina climatizada
Normas internas de funcionamento
Tarifas piscina 2010
Información detallada das instalacións da piscina climatizada
|