|
Xuventude
  MOCIDADE
Casa da Cultura de A Cañiza
Rúa Progreso, s/n – 1º andar
36880 A CAÑIZA
Tel.: 986 652 132 – 986 651 000. Fax: 986 651 190
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 16:00 a 21:00 horas
Calendario de Actividades Culturais Maio 2010
Bases do concurso de contos ou relatos breves Letras Galegas 2010
Bases do concurso de poesía Letras Galegas 2010
• Desenvolve a política municipal en materia de mocidade, tendo como eixes a promoción do asociacionismo xuvenil e a dinamización sociocultural da xuventude da Cañiza.
• Ocúpase da execución de iniciativas propias dirixidas á mocidade, así como das que xorden desde os propios colectivos cun labor de apoio e asesoría técnica.
• Canaliza e distribúe a información sobre temas de interese para xoves: emprego, tempo libre, formación, etc.).
• Facilita o acceso a internet.
• Expide o carné xove para menores de 26 anos.
O servizo de Xuventude é o departamento municipal encargado de organizar, xestionar e promover os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos, aínda que tamén presta os seus servizos a persoas non incluídas nesta franxa de idade e organiza actividades destinadas á poboación preadolescente, infantil e adulta. A Oficina Municipal de Información Xuvenil está relacionada directamente coa estructura da Rede Galega de Información Xuvenil seguindo a normativa da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, establecéndose lazos de coordinación entre ambas administracións.
As dependencias do Departamento de Xuventude ou OMIX están ubicadas na Casa da Cultura da Cañiza, sita na rúa Progreso, e a súa organización e xestión dependen da Concellería de Cultura do Concello de A Cañiza.
OMIX
Obxectivos | Qué información podemos darche | Carné Xove Euro<26 |
OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACION XUVENIL
TELECENTRO DE COMUNICACION DE A CAÑIZA.
Sito na Casa de Cultura da Vila na planta alta.
O telecentro conta con 21 PCs profesionais con monitores TFT de 17’, 1 impresora láser, reproductor/grabador DVD con disco duro, amplificador de audio, mesa de mezclas, 1 equipo de videoconferencia, 1 pantalla de plasma, 1 pantalla de proxección motorizada, micrófonos, cámaras, sistemas de control de iluminación e de equipos audiovisuales e TDT.
Información sobre o Telecentro de Comunicación da Cañiza
ACTÍVATE.- CURSOS XUVENTUDE 2010 organizados pola Excmª. Deputación Provincial de Pontevedra.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa de cursos ACTÍVATE 2010 dirixido a xoves, entre 16 e 35 años
O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de xullo.
A presentación de solicitudes farase nos respectivos rexistros dos Concellos adheridos, neste caso na CAÑIZA.
PREINSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN NAS OFICINAS DO CONCELLO DA CAÑIZA
Catálogo de cursos
folleto dos cursos ACTIVATE 2010
CURSOS ACTIVATE 2010
1. OBXECTO: A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia de Pontevedra, convoca novamente para o ano 2010 un catálogo de cursos formativos co fin de potenciar a súa integración no mundo laboral e asemade acadar un maior enriquecemento cultural e persoal.
2. DESCRICIÓN DO PROGRAMA:
O programa consiste en lles ofrecer un catálogo de cursos aos mozos e mozas dos concellos de menos de 50.000 habitantes da nosa provincia, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (ambas inclusive), os cales se levaran a cabo durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Terán una duración de 30 horas. Os cursos ofertaranse dende esta institución a través dunha empresa especializada na materia e impartiranse nos concellos adheridos, os cales prestarán as súas instalacións e medios materiais que sexan precisos para o adecuado desenvolvemento do curso.
Segundo o número de habitantes de cada concello establecerase un número de cursos a impartir, que son os seguintes:
A selección dos cursos a impartir en cada concello virá determinado pola demanda das persoas interesadas. Achégase o listado cos cursos, dos que cada participante poderá marcar ata un máximo de dous, de xeito que os máis votados sexan os que se impartan nese concello; independentemente da orde de preferencia farase un baleirado dos cursos escollidos polos interesados/as de modo que os de maior aceptación no seu concello sexan os que se impartan.
*Esta mesma circunstancia daríase no caso de non reunir o número mínimo de participantes en cada curso.
3. -SELECCIÓN DAS SOLICITUDES
O número de participantes en cada un dos cursos virá determinado pola empresa encargada da xestión, organización e formación do alumnado participante. No caso de que a demanda de prazas fora superior á oferta o concello realizará unha selección dándolles prioridade ás persoas que acheguen á solicitude unha fotocopia da tarxeta de estar inscrito como demandante de emprego. En segundo lugar terase en conta o rexistro de entrada das solicitudes presentadas nos concellos e, de ser preciso, despois desta última selección teranse en conta os/as mozos/as de maior idade.
4. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DOS BENEFICIARIOS/AS
O prazo de presentación das solicitudes dos mozos e mozas, rematará o 12 de xullo.
A presentación de solicitudes farase nos rexistros dos concellos adheridos, no modelo de inscrición que se inclúe nos dípticos.
5. REQUISITOS DOS/DAS PARTICIPANTES
Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos, ambos inclusive, pertencentes a calquera concello de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra, preferentemente os que se atopan en situación de desemprego.
6. DOCUMENTACIÓN DOS MOZOS/AS
• Modelo de impreso debidamente cuberto, coa data de rexistro do seu concello.
• Fotocopia do DNI
• Tarxeta de demandante de emprego (no caso de tela).
|