|
Gastronomía
 A Cañiza: parada e fonda
Así a coñecían dende fai moito tempo os viaxeiros que recorrían a sua rúa principal. Dende mediados do século XIX, a Vila xa era lugar de tránsito e a sua poboación creciu a carón da estrada que unía o litoral coa meseta e a capital. Co paso do tempo os veciños adicaron as súas habilidades culinarias aos demáis e, así, moi discretamente, comenzaron a aprarecer os primeiros negocios hosteleiros. Era unha cociña moi casera, cociña que ainda hoxe se conserva en algúns establecementos.
Galicia é unha das comunidades autónomas con maior oferta gastronómica. Oferta que vai acompañada, ademáis, de garantía e selo de calidade. Os seus pescados, mariscos e carnes non teñen competidor no mercado hosteleiro. E se falamos de carnes, A Cañiza ten moito que decir e máis que ofrecer. Este ano festexará o 41 aniversario da súa Feira do Xamón que ven celebrándose todos os 15 de agosto. Nesta feira se degusta o xamón en media docena de especialidades cun éxito de visitantes sen precedentes.
Pero A Cañiza tamén é coñecida polos seus cocidos que, en inverno, saborean centos de visitantes esixentes. E aínda que o cocido cañicense non ten tanta proxección publicitaria como os seus famosos xamóns, o certo é que cada vez resulta máis difícil reservar mesa para degustar este tradicional plato.
O cocido se preapara nesta vila durante todo o ano, aunda que é na temporada de caza e nas estacións frías e chuviosas cando se fai máis apetecible probalo. E se continuamos falando de preferencias, os cañicenses saben ben que cando realmente sabe o cocido é un mes despois da matanza, que normalmente se celebra a primeiros de decembro, cando o frío é máis cortante, precisamentes para que as carnes endurezan e se cures axeitadamente alcanzando así o grado de curación idóneo.
“Chorizo de cebolla e de carne, fuciño, rabo, orella, cacheira, lacón, touciño, costilla de cerdo” son algúns dos ingredientes deste cocido que se complementa con polo, patatas, fabas, garbanzos, zanahorias e riquísima verdura de repollo. Se ademáis decide visitar A Cañiza en xaneiro ou febreiro poderá degustar, como engadido, os sabrosos “osos da Xoán”. Todo isto con pan de millo, noces e uvas, regado por viños brancos ou tintos, que nesta zona tan cercana a ribeira se preparan con excelente calidade. Antes ou despois de este plato, o cliente tamén pode pedir un plato de caldo para continuar quentando o estómago e, como non, o ánimo. E como en todo bó xantar, non pode faltar o postre. Natillas caseras, leite frita, mel con requesón, chulas ou filloas recheas son algunhas das suxerencias dos hosteleiros. Todo xunto cun bó café e un chupito de augardente de herbas ou licor café.
Como non hai nada mellor que probar un mesmo o menú para poder opinar e tendo en conta o cercana que está A Cañiza, ben vale a pena visitar esta vila como alternativa para unha boa fin de semana. Os hosteleiros estarán encantados de atendelo. Bo proveito.
|