Accesibilidade Castellano 

BuscadorMapa webAcerca deste sitioWeb da XuntaPerfil do contratanteConcello Dixital

 

Consultas Online
Consultas Offline
Trámites
Suxerencias
Taboleiro de anuncios
RSS
FAQ
Contacto


El Tiempo en A Cañiza


 

Inicio
Novas
O Pobo
Turismo
Festas
Servizos
Deportes
Xuventude
Gastronomía
Historia
Parroquias
Galerías


Verán cultural 2010
Festa Feira do Xamón na Cañiza 2010
Presentación dos libros de Manuel Rodríguez Troncoso
Historia

Toponimia

A orixe do nome do concello (A Cañiza) parece derivar das "cañizas" ou "cañizos", antigas casetas construidas con ramas de árbores entrelazadas destinadas ao almacenamento de alimentos e que tamén servían como refuxio ao mal tempo.

HISTORIA DA CAÑIZA: PARROQUIA QUE CEDEU O SEU NOME AO TERMO MUNICIPAL

A pesares de ser a máis recente das parroquias que constitúen o Termo Municipal, se temos en conta o seu ano fundacional, A Cañiza é hoxe en día a máis importante das 9 que constitúen a localidade, por residir nela a capitalidade do municipio, por concentrarse na mesma a meirande parte dos servizos administrativos e por ser a que máis poboación acolle a pesar de ser a máis pequena en extensión. Aínda así, a historia deste lugar nos remonta case 200 anos atrás.

Os primeiros poboadores desta parroquia eran oriundos das inmediacións, especialmente de Valeixe. Empezaron a poboar a zona, concretamente no barrio que hoxe se coñece como A Calzada, para atender mellor e máis preto o cultivo dos seus terreos. Aos primeiros moradores lles seguirían outros, porque cada vez eran máis os veciños que desexaban permanecer preto dos seus bens e os seu campos e así comezaron a construír as súas propias habitacións ás que lle seguiron mellores edificacións. O nome “Cañizas” que se lle deu á parroquia, explica fielmente cal foi o seu orixe. A zona empezou a poboarse cunhas casetas ou chozas feitas de ramas de árbores entretexidas e cubertas de pallas ás que a xente do país lles chamaba Cañizas e Cañizos, para que os labradores puideran guarecerse da choiva. Tamén eran coñecidos entonces os cañizos co nome de hórreos.

Máis tarde iniciaríanse tamén as obras de construcción do chamado Camiño Real das cidades de Tuy e Vigo para Castela, obra que lle daría o folgo definitivo a esta parroquia. A elección do trazado por estas terras tivo moito que ver coas boas condicións do chan. Neste caso Valeixe quedou relegada por ter unha estructura orográfica máis complicada para o acondicionamento da calzada. Por esta travesía se foron levantando numerosas edificacións. Era coñecida como rúa Principal e contaba ademáis cunha parada de postas para abrevadero de cabalos no lugar que hoxe coñecemos como Fonte dos Dous Caños.

Nun principio, o lugar da Cañiza pertencía á parroquia de Stª. Cristina de Valeixe, que non Concello de Valeixe, como tende a confundirse aínda hoxe en día. Pero o 9 de xullo de 1.790, o Señor Bispo de Tuy, D.Domingo Fernández Angulo convertíu o barrio “las Canizas” en anexo de Santa Cristina por así solicitalo en reiteradas ocasións os lugareños desta barriada debido, entre outros motivos, á grande distancia que a diario tiñan que percorrer ata o templo parroquial. A Igrexa atopábase situada en Valeixe, ou o que é o mesmo a 9 kilómetros por un mal e “fragoso” camiño. Pouco despois comezarían a construír unha ermida no terreo que hoxe ocupa a Praza Maior da vila, adicada ao Dulce Nome de Xesús e a Stª. Teresa. O 28 de xullo de 1790 se celebrou o primeiro bautismo e o primeiro casamento o 5 de setembro, tamén dese mesmo ano. Sen embargo os enterros se seguirían celebrando en Valeixe, ata que tivo lugar a total desmembración.

A poboación da Vila cada vez aumentaba máis e desexando os seus veciños separarse enteiramente da matriz e pedir a autonomía parroquial ante el Ordinario Eclesiástico de Tuy, o fixeron nun xuicio contencioso, gañándoa nun reñido litixio. Conseguiron a sentencia o 25 de febreiro de 1.815. Debido aos cambios políticos tan significativos que estaba vivindo o País, A Cañiza tivo varios curas ecónomos e tería que agardar ata abril ou maio de 1844 para contar co seu primeiro abade párroco que se chamaba Dn. Benito María Sarmiento.

Será a finais do século XVIII e principios do XIX cando A Cañiza acade o seu maior apoxeo. Nesta época ademais de aumentar o seu vecindario nunha proporción desmesurada, se trasladou alí a Xustiza das Achas coa súa Audiencia e se converteu na cabeza e capital de Xurisdicción e Partido, tomando dende entonces a denominación de Vila. No ano 1815 era gobernada a Vila por un Xuíz Ordinario coa súa Audiencia. Ata o ano 1820 A Cañiza non se constituiría como Concello co seu correspondente Alcalde, por iso e ata a data era gobernada por un xuíz.

Prehistoria

Un dos restos máis antigo do municipio é a "Citania", ubicada en Chan de Bouzas. Neste pobo constuido na época prehistórica podemos apreciar os restos das "casarellas" de planta circular. No mesmo sitio hay que destacar un dolmen cunha peza de cobertura en forma de cúpula. Tamén na mesma zona podemos intentar descifrar os petroglifos rupestres.


Idade Antiga

Os primeiros escritos coñecidos onde se menciona este territorio datan do ano 138 a. C., cando Tito Livio comenta a expedición de Decio Juno Bruto por estas terras.


Idade Moderna

Durante a guerra da Independencia, os habitantes de A Cañiza destacaron pola súa unión e resistencia fronte as tropas francesas.

Concello de A Cañiza ©2006 Aviso LegalPrivacidade