Axenda - OcioIr a esta sección

CURSO: BUSCA ACTIVA DE EMPREGO
Data: 03 de marzo de 2021

Descobre como elaborar as túas propias ferramentas de busca activa de emprego e obtén o mellor rendemento para aumentar a túa empregabilidade.

Comezo das clases: 3 de marzo de 2021.

Infórmate na Biblioteca Municipal: 986 66 30 69

Con este curso gratuíto de busca activa de emprego que ofrece o Concello da Cañiza, aprenderás os diferentes procesos desta tarefa e descubrirás todos os recursos necesarios para facilitar a procura.

Agora máis que nunca, aprender a buscar emprego de forma activa é o traballo a xornada completa que calquera desempregado debe dominar.

Este curso  está ideado para xerar un sistema de aprendizaxe activa e participativa do alumno, a través de múltiples exercicios, actividades e prácticas. Así pois, está recomendado a persoas desempregadas en procura activa de emprego.

 

compartir

axenda