Axenda - OcioIr a esta sección

Novo curso de informática. Nivel Básico
Dende: 29 de marzo de 2021
Ata: 08 de abril de 2021

Comezo do curso o 29 de marzo de 2021

As clases impartiranse no aula Cemit da Casa de Cultura os luns, mércores e venres

para inscribirse ou obter máis información, podes chamar ao número da Biblioteca Municipal: 986 66 30 69

O Concello da Cañiza oferta este curso gratuíto de alfabetización informática que está deseñado especificamente para ensinar dende cero e sen necesidade de coñecementos previos sobre o uso do ordenador e a navegación por internet.

Dirixido a persoas que non están familiarizadas co ordenador, ben porque nunca o usaron ou ben porque queren aprender paso a paso.

 

compartir

axenda