Corporación, comisións e plenoIr a esta sección

Concello

Situada na rúa de Oriente, foi construída por conta dos catro Concellos (A Cañiza, Arbo, Crecente e Covelo ) por R.O. do 28 de xuño de 1851, ao aprobarse o proxecto da obra xa que os Pobos prestáronse a anticipar un importe en calidade de reintegro.

En 1894 levou a cabo unha gran reparación nos edificios destinados á Casa do concello da Vila. Desde este momento convertíase nunha Casa con dous pisos destinada a Prisión preventiva e Casa do concello.

A partir do ano 1923 a planta baixa foi destinada a Prisión de Partido cun piso principal que ocupaba parte das dependencias da mesma prisión. O resto do edificio destinouse á Casa do concello da Vila. Esta última contaba cunha sala de Sesións e tres habitacións para as Dependencias da Secretaría e Arquivos.

Foi obxecto de posteriores reformas xa chegando a finais do século XX.

A primeira reforma foi adxudicada o 28 de agosto do ano 1970.

A remodelación e reparación máis recente corresponde ao ano 1987, data na que se inaugurou a actual Casa do concello coincidindo co traslado da prisión preventiva para Ponteareas, desaparecendo, deste xeito, do noso Concello.

A reforma que se fixo neste ano de 1987 foi integral, é dicir, da edificación antiga soamente conservouse a estrutura exterior, practicamente simétrica, que non sufriu ningún tipo de modificación. Non ocorreu o mesmo co interior do edificio que se remodelou na súa totalidade adaptando as novas dependencias ás esixencias dos tempos modernos.

Ademais nesta reforma engadiuse unha 2ª planta á edificación na que está situado o Salón de Plenos. Na planta baixa atópanse as oficinas de Servizos Sociais e o Almacén Solidario de Alimentos, os Arquivos Xerais e as Oficinas da Policía Local, onde tamén se tramita ao longo do ano as renovacións do DNI (consultar citas chamando ás oficinas xerais: 986 651 000).

O primeiro piso alberga as oficinas xerais así como o despacho de Secretaria, Intervención, Técnico de urbanismo, Orientadora Laboral, Axente de Desenvolvemento Local e Alcaldía.

compartir