NovasIr a esta sección

BANDO MUNICIPAL
Data de publicación: 07 de maio de 2021

Se lembra aos veciños da obriga de manter limpos os montes e fincas lindantes cos viais municipais para evitar o deterioro do firme destas calzadas producido polo avance das raices das árbores e grandes matoxos

O CONCELLO PUBLICA UN BANDO POLO QUE SE LLE RECORDA AOS VECIÑOS DA OBRIGA DE MANTER LIMPOS OS MONTES E FINCAS LINDANTES CON VIA PÚBLICA

 

SEGUNDO MANIFESTOU O ALCALDE LUIS PIÑA ESTA MAÑÁ, UNHA PARTE DOS VIAIS DA NOSA REDE MUNICIPAL ESTÁ AFECTADA POLAS RAÍCES DAS ÁRBORES SITUADAS NAS PARCELAS, MONTES E FINCAS PRIVADAS LINDANTES COS CAMIÑOS E PISTAS, QUE PROVOCAN UN GRAVE DETERIORO NO FIRME DESTAS CALZADAS.

 

O CONCELLO CONTA CUNHA REDE VIARIA DE CASE 400 KM. SOMOS UN DOS CONCELLOS CON MÁIS EXTENSIÓN EN KM2 E MAIOR TASA DE DISEMINACIÓN DE NÚCLEOS DE POBOACIÓN.

 

OS CUSTES DE MANTEMENTO E MELLORA DOS VIAIS MUNICIPAIS SON UN DOS MÁIS ALTOS DO CONCELLO. O ASFALTADO DE CADA KM DE VIAL CUNHA CAPA DE 5 CM DE ESPESOR PODE CHEGAR ATA OS 50.000€.

 

POR ISO O MANTEMENTO DA NOSA REDE DE ESTRADAS TEN QUE CONTAR CO COMPROMISO DE TODOS E EN ESPECIAL DAQUELES VECIÑOS PROPIETARIOS DE PARCELAS CON ÁRBORES LINDANTES COAS PISTAS MUNICIPAIS QUE TEÑEN A OBRIGA DE MANTER LIBRES DE MALEZA E ÁRBORES ATA UNHA FRANXA DE 5 METROS DENDE  A MARXE DA VÍA.

 

O CONCELLO COMPROMÉTESE A CONTINUAR TRABALLANDO PARA MANTER AS NOSAS PISTAS NO MELLOR ESTADO POSIBLE, PERO PRIMEIRO OS PROPIETARIOS DAS PARCELAS AFECTADAS TERÁN QUE CUMPRIR COAS SÚAS RESPONSABILIDADES.

 

Esta obriga está recollida no Artigo 18 da Ordenanza Municipal para a limpeza, mantemento, conservación e ornato de espazos públicos, que establece que os propietarios dos terreos lindantes con vías públicas municipais, deben manter libres de maleza ou árbores o espazo de 5 metros medidos horizontalmente dende a marxe da vía dacordo coa relación de especies establecida na Disposición Adicional  Terceira da Lei 3/2007 do 9 abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (piñeiro, eucalipto e acacia).

O non cumprimento desta disposición, provoca que parte da nosa rede de viais municipais esté afectada polas raíces que deterioran e deforman o firme da calzada, ocasionando graves prexuízos  económicos ao conxunto do Concello.

O Alcalde Luis Piña asinou esta mañá este Bando para requerir aos veciños, titulares de terreos lindantes coas pistas municipais que procedan á realización das tarefas de desbroce, limpeza, retirada de maleza, así como tala ou clareo/ poda de árbores, observando as medidas de seguridade establecidas pola normativa aplicable.

compartir

axenda