NovasIr a esta sección

CHARLA SOBRE DANO CEREBRAL ADQUIRIDO
Data de publicación: 06 de maio de 2021

O Salón de Plenos acolleu esta mañá esta importante charla formativa sobre o Dano Cerebral Adquirido impartido por persoal da Federación Galega de Dano Cerebral FEGADACE

 

* Esta sesión, organizada no Concello e presentada hoxe polo Alcalde Luis Piña, ten como obxectivo informar sobre esta enfermidade, as causas e factores que a producen, recoñecer os síntomas,  qué facer ante un Ictus, as secuelas que pode deixar e sobre todo cáles son os recursos dos que podemos dispor en caso de padecer esta enfermidade.

 

FEGADACE é a Federación galega que coordina o movemento asociativo das cinco asociacions de daño cerebral que existen en Galicia e a súa principal labor é apoiar e axudar despois de sufrir un Ictus, cando o enfermo é dado de alta e chega ao seu fogar. O seu contacto é 659 177 709 . web: www.fegadace.org e o enderezo electrónico: fegadace@fegadace.org .

 

* En Vigo contamos con ALENTO que presta apoio e axuda aos enfermos despois de sufrir un dano cerebral. Podemos contactar con eles no número Teléfono  986 229 069, no e-mail info@alento.org ou consultando a súa páxina: www.alento.org

 

* Baixo o lema “actuar canto antes pode salvar vidas”, o Concello comparte e da visibilidade a esta charla divulgativa para todos aqueles que non tiveron a oportunidade de asistir esta mañá á xornada.

 

Grazas á charla impartida por unha das traballadoras sociais de FEGADACE hoxe coñecemos algo máis sobre o Dano Cerebral Adquirido: unha lesión repentina no cerebro que aparece de xeito brusco. En Galicia padecen esta enfermidade 35.000 persoas e ao ano prodúcense 7.000 novos casos.

 

As causas que producen esta lesión poden ser internas: ictus, tumor cerebral, anoxia ou infección cerebral ou externas como un traumatismo ocasionado por accidente. Soamente o Ictus absorbe o 78% destas lesións.

 

O Ictus é un vaso sanguíneo do cerebro que se rompe ou obtura producindo unha trombose e os factores que o causan poden ser modificables ou non. Entre os factores modificables se sinalan o sobrepeso, colesterol, diabetes, en resume mala alimentación, unha vida sedentaria e hipertensión arterial. Todos estes factores podemos eliminalos. Os factores non modificables son a idade ( a partires de 55 anos as persoas son máis propensas a padecer un Ictus), sexo (as mulleres teñen máis probabilidades), antecedentes familiares ou ter sufrido con anterioridade outro Ictus.

 

Podemos recoñecer que estamos ante un Ictus polos seguintes síntomas: dor de cabeza súbita, parálise da cara, dificultade para entender e  falar, perda de sensibilidade e forza nun lado do corpo ou perda de equilibrio e deficultade para camiñar. Estos síntomas non teñen porqué darse á vez. Calquera pode sufrir un Ictus.

 

É moi importante saber qué facer ante un ICTUS. É primordial actuar, non esperar, non tomar aspirinas nin conducir, chamar ao 112 ou 061 e agardar a ambulancia. Acudir a tempo a un hospital é vital.

 

As secuelas poden ser físicas, cognitivas, conductuais e emocionais.  A enfermidade ten tres fases. Unha aguda que requiere de coidados intensivos, neurociruxía, planta de neuroloxía e coidado de Ictus. Segunda Fase subaguda no que o enfermo xa entra nas unidades de rehabilitación, de réxime hospitalario de día ou ambulatoria e a terceira fase, moi importante, que é a volta ao Fogar.

 

Nesta fase crónica é cando poden axudar as asociacións de Dano Cerebral Adquirido a través dos recursos que ofrecen aos enfermos. Nestes centros como ADACECO (A Coruña), ADACE (Lugo), Alento (Vigo) Renacer (Ourense) e Sarela (Santiago de Compostela)  informan sobre os  recursos disponibles: unidades residenciais, centros de día, pisos tutelados, centros ambulatorios, información e apoio ás familias así como as posibilidades de inclusión social e laboral.

 

compartir

axenda