NovasIr a esta sección

Clausura e entrega de diplomas do Curso de Informática Básica
Data de publicación: 04 de maio de 2021

Luis Piña entregou os certificados de asistencia ás 12 mulleres inscritas neste curso de alfabetización informática, deseñado especificamente para ensinar dende cero e sen necesidade de coñecementos previos sobre o uso do ordenador e a navegación por internet.

O ALCALDE DA CAÑIZA CLAUSURA O CURSO DE INFORMÁTICA NIVEL BÁSICO QUE REMATOU O 3 DE MAIO E FAI ENTREGA DOS DIPLOMAS

Un total de 40 horas lectivas, gratuitas, impartidas no aula CEMIT da Casa de Cultura da Cañiza, dentro das actividades formativas e da programación anual que organiza o Concello,  no que as alumnas adquiriron paso a paso as nocións básicas para o manexo da informática.

Acender e apagar correctamente  o ordenador, manexar o rato e teclado con soltura, familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo, aprender a xestionar arquivos e cartafoles (crear, eliminar, copiar, ...), copiar un documento nunha unidade extraíble (memoria USB) e crear, editar e/ou imprimir un documento cun editor de textos foron algún dos temas impartidos.

 

 

compartir

axenda