NovasIr a esta sección

O Alcalde recibe e felicita a Santos Lemos e Tino Muñoz do Clube Ciclista Grupeta Pan de Zarco
Data de publicación: 23 de xuño de 2021

Despois de recibir e felicitar o pasado 10 de xuño  ao ciclista Santos Lemos tras acadar a segunda clasificación no Campionato de España de BTT Enduro Master 30, o Alcalde Luis Piña volve a recibir no Concello a outro dos deportistas deste clube cañicense: Tino Muñoz, subcampión  galego de BTT-XCO en Master 40.

Santos Lemos, novo subcampión de España de BTT Enduro categoría Master 30 e campión galego BTT Enduro 2021 e Tino Muñoz, subcampeón galego BTT XCO en Master 40 e 2º clasificado no III Trofeos BTT Xco Concello da Cañiza, ambos integrantes do Clube ciclista cañicense Grupeta Pan de Zarco, acompañados polo Director Deportivo Abelardo e parte do Equipo Directivo foron recibidos este luns na Alcaldía para recibir a noraboa do Alcalde, en nome propio e en representación dos veciños da Cañiza, polos logros acadados neste primeiro semestre de 2021.

 

compartir

axenda