NovasIr a esta sección

O Concello ofrece un novo curso gratuito de Atención Sociosanitaria
Data de publicación: 09 de abril de 2021

Que ten como obxectivo a atención personalizada a persoas dependentes

O crecente envellecemento da poboación trouxo consigo una maior demanda de profesionais especializados no coidado e atención a persoas dependentes. Existen institucións sociais que se encargan do coidado dos maiores e necesitan persoas con formación nesta materia. Ademais destes servizos tamén é necesario desenvolver un importante labor social, non só con persoas da terceira idade senón tamén con discapacitados. Se che gusta o coidado dos  maiores e desexas contribuír ao seu benestar, este é o teu curso.

 

Os módulos formativos que se van dar neste curso son os seguintes: 

 

Módulo 1: Características e necesidades de atención hixiénica e sanitarias das persoas dependentes.

 

Módulo 2: Técnicas de mobilización, traslado e deambulación da persoa dependente.

 

Módulo 3: Nutrición da persoa dependente. Técnicas de administración da inxesta e medicación.

 

Módulo 4: Procura activa de  emprego, capacidades e habilidades, currículo.

compartir

axenda