NovasIr a esta sección

Novo procedemento de acreditación da experiencia profesional adquirida
Data de publicación: 25 de xuño de 2021

O Concello informa a todas as persoas interesadas en acreditar as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia, que xa estña aberto o procedemento.

A diferenza de anos anteriores, o procedemento estará aberto durante todo o ano

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou o procedemento para a acreditación da experiencia laboral. Un proceso polo que se avalía as competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral e vías non formais de formación. Superado o proceso se outorga unha acreditación oficial á persoa candidata.

Inscricións: aberto todo o ano.

Destinatarios: publico en xeral.

Requisitos:

  • Nacionalidade española, persoa residente comunitario ou familiar desta, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de persoas cidadás da UE ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  • Ter 18 anos para as unidades de competencia de nivel 1.
  • Ter 20 anos para as unidades de competencia de nivel 2.
  • Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionadas coas competencias acreditables.

Experiencia laboral:

Unidades de Competencia de nivel 1. Xustificarase a lo menos 2 anos, cun mínimo de 1200 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.

Unidades de Competencia de nivel 2 e 3. Xustificarase a lo menos 3 anos, cun mínimo  de 2000 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.

 

Formación non formal:

Unidades de Competencia de nivel 1. Xustificarase como mínimo 200 horas nos últimos 10 anos.

Unidades de Competencia de nivel 2 e 3. Xustificarase como mínimo 300 horas, nos últimos 10 anos.

  • As persoas candidatas non poden estar matriculadas nun ciclo de FP ou realizando formación profesional para o emprego, conducente a obtención das unidades de competencia nas que solicita a sua inscrición. Tampouco pode posuir ou estar en condicións de obter un título de FP ou un certificado de profesionalidades que conteña as unidades de competencia que solicita

Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita.

compartir

axenda