ANUNCIO
De conformidade co disposto na Ordenanza Reguladora da concesión de subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas promovidas por persoas físicas ou xurídicas do Concello da Cañiza (Pontevedra):
publicada no BOPPO núm. 67 de data 08.04.2005, queda aberto o prazo para que os posibles interesados poidan presentar as súas solicitudes, dende o día seguinte á publicación do presente anuncio no BOPPO e ata o día 31.08.2023.
As solicitudes presentadas deberán reunir todos os requisitos establecidos na referida Ordenanza, así como no Decreto de data 18 de xullo de 2023.
DECRETO da Alcaldía 2023-0965.
Texto literal:
" RESOLUCION DA ALCALDIA
Entre os obxectivos desta Alcaldía se atopa o de fomentar a actividade cultural e deportiva, promovendo todas aquelas accións que leven consigo a mellora da calidade de vida e o impulso da cultura e o deporte.
Por esto, e dado a importante labor que realizan as asociacións Culturais e deportivas deste Concello na promoción e difusión cultural e turística, así como o fomento da actividade deportiva entre os veciños, sendo un claro exemplo de convivencia social e, baseándonos na Ordenanza Reguladora da Concesión de subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas promovidas por persoas físicas e xurídicas do Concello da Cañiza. Vistas as facultades a min atribuídas en virtude do disposto no artigo 21 da Lei 7/85 de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local,
RESOLVO:
PRIMEIRO: Se inicie o correspondente expediente co fin de outorgar ás persoas físicas e xurídicas do Concello que así o soliciten, subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas e se incorporen informes de Secretaría e Intervención, dispoñendo así mesmo que se proceda a realizar a oportuna retención de crédito.
SEGUNDO: Conceder de prazo, por causas excepcionais durante este ano, ata o 31 de agosto de 2023, para a presentación, por parte das entidades interesadas, das correspondentes solicitudes e documentación necesaria para outorgar as correspondentes subvencions.
TERCEIRO: Informar ás persoas físicas e xurídicas beneficiarias desta subvención municipal, que, ademáis dos requisitos establecidos na Ordenanza Reguladora da Concesión de subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas promovidas por persoas físicas e xurídicas do Concello da Cañiza, deberán cumprir os seguintes:
- Imaxe municipal: As persoas físicas e xuridicas que perciban esta subvención, comprométense a levar na denominación e equipaxe de todos os seus equipos o nome da localidade de “A Cañiza”
- Por outro lado, a imaxe corporativa do Concello da Cañiza e a marca-logo do Concello, aparecerán en todo o material publicitario, cartelería e demáis material de difusión xerado. No caso de clubes deportivos, tamén aparecerá esta imaxe na parte dianteira das camisetas. Todo o relacionado con este apartado, deberá ser validado polo Concello da Cañiza
- No momento da xustificación da axuda no prazo establecido no artigo 8 da correspondente Ordenanza Municipal, e, en todo caso antes do día 30 de novembro do corrente exercicio, deberán xustificar documentalmente o establecido nos puntos anteriores: copia da cartelería xerada, fotografías, etc. "