ANUNCIO DE CONVOCATORIA
O Concello de A Caniza presenta solicitude de subvención ante a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para a contratación de 3 persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, acolléndose á convocatoria da Orde publicada no DOG nº 108 de data 11 de xuño de 2026 (procedemento TR350E).
Tal e como dispón a normativa de referencia, os/as candidatos/as interesados/as en participar no procedemento de selección deberán ser remitidos/as como consecuencia do resultado da oferta de emprego emitida polo Concello de A Caniza, e tramitada na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia sita no termo municipal.
Por medio deste proxecto, denominado “Servizo de Apoio a Obras Municipais”, solicítase subvención para a contratación de 3 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, coa ocupación e características expostas a continuación:
- 3 Peóns de Obras Públicas, por un período de contratación de nove meses, a xornada completa (CNO: 96.011.029).
O procedemento de selección iniciarase unha vez se reciba a Resolución positiva concedente da subvención de referencia, e o persoal será contratado coas características establecidas na mesma.
As bases específicas do procedemento poderán consultarse, unha vez se inicie o procedemento de selección, no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina web oficial do Concello de A Caniza, sito na sede electrónica e con dirección https://caniza.sedelectronica.es. Estes serán os principais medios para dar publicidade a tódalas notificacións dos actos que deriven do procedemento selectivo.
E para que conste aos efectos de publicidade da convocatoria sobre o procedemento de selección de referencia, motivo do mesmo, fírmase dixitalmente á marxe.
O Alcalde: Luis Antonio Gómez Piña.