ANUNCIO DE CONVOCATORIA
O Concello da Cañiza presentou unha solicitude ante a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a contratación de 4 traballadores/as desempregados/as acolléndose á Orde convocatoria de Subvención sobre as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento de emprego no medio Rural (APROL Rural) e se procede a súa convocatoria para o exercicio 2025, publicada no DOG nº 50 de 13 de marzo de 2025.
Tal e como dispón a normativa de referencia, os/as candidatos/as interesados/as en participar no procedemento de selección, deberán ser remitidos/as como consecuencia do resultado da oferta de emprego emitida polo Concello da Cañiza, e tramitada na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia sita no Termo Municipal. O ámbito de busca da oferta de emprego é o municipal.
Por medio deste Proxecto, denominado ”Servizo de Valorización Ambiental”, se solicitou a subvención para a contratación de 4 persoas desempregadas, coa ocupación e características expostas a continuación:
- 4 Peóns Forestais, por un período de contratación de nove meses, a xornada completa (CNO: 95.431.028).
O procedemento de selección iniciarase unha vez se teña recibida a Resolución de concesión da subvención, e o persoal será contratado coas características establecidas na mesma.
As bases específicas do procedemento poderán consultarse, unha vez se inicie o procedemento de selección, no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina WEB oficial do Concello da Cañiza, sito na sede electrónica e con dirección https://caniza.sedelectronica.es.
Estes serán os principais medios para dar publicidade a tódalas notificacións dos actos que deriven do procedemento selectivo.
