Anuncio: A Deputación de Pontevedra concede ao Concello da Cañiza unha axuda de 18.145,16€ para a actuación “SONDAXES E TRABALLOS DE POSTA EN VALOR DO CASTRO DAS ACHAS” ao abeiro das Bases do Plan Concellos 2022-2023- Liña 2

Servizos básicos, obras, parques e xardíns

ANUNCIO

Por Resolución da Presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra, acordouse concederlle ao Concello da Cañiza, unha subvención por importe de 18.145,16 euros, para a realización da actuación “SONDAXES E TRABALLOS DE POSTA EN VALOR DO CASTRO DAS ACHAS”, cun orzamento polo mesmo importe, segundo o disposto nas bases reguladoras do PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-2023 - liña 2 (Expdte nº 2022010830).

E para que conste a efectos de dar cumprimento ao esixido nas citadas bases asino a presente.

Documento asinado electrónicamente por LUIS ANTONIO GOMEZ PIÑA, Alcalde do Concello.

 

Diputación de Pontevedra Agenda 2030