Expediente 1064/2025
ANUNCIO
Por Resolución do Director do INEGA de 07/10/2024 concedeuse ao Concello da Cañiza unha axuda por importe de 28.749,60 euros para execución do proxecto de PLANTA DE XERACIÓN FOTOVOLTAICA PARA AUTOCONSUMO COLECTIVO DAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS DE A CAÑIZA ao abeiro da RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S).
E para que conste a efectos de dar cumprimento ao esixido sobre publicidade de axudas nas bases reguladoras de concesión da subvención asino a presente.
Documento asinado por LUIS ANTONIO GOMEZ PIÑA, Alcalde do Concello.
