Servizos básicos, obras, parques e xardíns
AVISO!
🚱 CORTE DE AUGA
Día 4 de xuño de 2026: corte de auga para instalación de arqueta na Rede municipal.
Infórmase aos veciños da rúa Carballo do Marco e Leboriz (parte baixa) de que, debido a unha obra de instalación dunha arqueta na rede municipal de distribución de auga potable, a subministración permanecerá suspendida de 16:30 a 17:30 durante este xoves, 4 de xuño de 2026.
Zonas afectadas:
- Rúa Carballo do Marco
- Leboriz ( parte baixa )
Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas.