O Concello informa que está subvencionado cun total de 119.894,52€ para a activación do emprego para a anualidade de 2025, con cargo ao plan de obras e servizos de competencia municipal da Deputación provincial « Plan + Provincia 2025»
Durante este ano abriremos varios procedementos para a contratación de 10 persoas desempregadas para as seguintes ocupacións:
- 2 traballadores para cubrir a praza de mozo de recollida de lixo.
- 4 traballadores para cubrir as prazas de peón de obras públicas.
- 4 traballadores para cubrir as prazas de conductores – operadores de maquinaria de vías
Todos os contratos terán una duración 6 meses a xornada completa.
Os interesados en participar nestes procedementos de selección, deben estar previamente inscritos na oficina do Servizo Público de Emprego de A Cañiza nos CNO da ocupación os que lle interese optar, así como cumprir os requisitos establecidos no «Máis Provincia 2025 liña 3» publicadas no BOP de Pontevedra nº 1, de 2 de xaneiro de 2025.
Para ampliar esta información podedes consultar co Axente de Emprego e coa Orientadora Laboral do Concello de A Cañiza.

