A Cañiza dá comezo ao Nadal o sábado 2 de decembro, co acendido das luces e do árbol da Praza Maior
Ás 20.00h e se o tempo acompaña, servirase tamén unha «chocolatada cañicense» para celebrar o inicio das festas navideñas.
Na tarde noite do sábado 2 de decembro, ás 20h, o Concello acenderá as luces deste Nadal 2023 na Praza Maior.
Igual que os anos pasados, o encargado de iluminar as nosas rúas, espazos públicos e lugares do municipio será Iluminaciones Ximénez, empresa adxudicataria do procedemento de contratación para este servizo.
Despois do acendido do alumeado e se o tempo o permite, o Concello servirá tamén na Praza Maior unha «chocolatada cañicense» coa que se inaugurarán as festas navideñas.
As luces estarán acendidas ata pasado o Día de Reis.
Nos vindeiros días o Concello difundirá tamén a Programación de Nadal.
Sábado, 2 de decembro de 2023, ás 20h na Praza Maior da Cañiza