Andaina « Camiño dos Arrieiros - Ponte de Noceifas e miradoiro do Monte Lapido » na parroquia do Couto

Data
to
Location
Contorna de Noceifas na parroquia do Couto
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2025
Actividades

Prepárate para descubrir unha das rutas con máis historia e encanto da nosa contorna! 

Aproveitaremos este percorrido circular de case 9 km para explorar parte do antigo camiño dos arrieiros do viño, cruzando a ponte medieval de Noceifas e ascendendo ata o espectacular miradoiro do Monte Lapido, cunhas vistas privilexiadas sobre o val do Ribadil, o Miño e o norte de Portugal.

  • Tramos: 7,07 Km do sendeiro homologado PR-G 272 Río Ribadil "Rede Natura" e 1,8 km ida e volta ao miradoiro do Monte Lapido.
  • O Concello advirte que este último tramo de subida e baixada ao Monte Lapido presenta unha pendente moi pronunciada.
  • É recomendable pre inscribirse nas oficinas da Biblioteca Municipal, chamando ao número 986 66 30 69.

Unha andaina que invita a coñecer parte do camiño dos arrieiros do viño que xa no século XVIII, a través da ponte medieval de Noceifas, conectaba as zonas de Crecente, Arbo e Valeixe e o Ribeiro.

O sendeiro PR-G 272, está incluído dentro da Rede Natura 2000, en 2 km de lonxitude.

Un espazo natural protexido de alto valor ecolóxico a nivel europeo polas especies e hábitats que conviven nesta zona única.

Cronoloxía de rehabilitación do sendeiro e miradores

  • En 2021 se desenvolveron importantes traballos de roza e desbroce de todo o sendeiro, construción de refuxios de madeira con mapas interactivos, marcas de pintura, sinais e balizas que permiten continuar o percorrido. Cun investimento de 15.350,00€, contou cunha axuda para esta actuación de 12.685,95€ da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia (PDR), cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
  • No mes de marzo de 2023, rematouse unha nova actuación que completou as melloras de acondicionamento desenvolvidas en 2021: a construción dun novo miradoiro. Unha actuación subvencionada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, con fondos (FEADER).
  • Neste 2025 remataron as obras de construción do observatorio natural do Monte Lapido, no límite do espazo Rede Natura 2000 do Baixo Miño. Un lugar que ofrece unhas vistas privilexiadas sobre o val do Ribadil, o Miño e as montañas do norte de Portugal e que foi financiado cunha axuda da Xunta de Galicia para a recuperación do patrimonio natural e sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).  Esta obra foi executada co obxectivo de dotar á zona dun punto de observación paisaxística e ambiental complementario á ruta homologada PR-G 272.

Natureza, historia e paisaxe nun só camiño!

#AndainaPRG272 #SendeiroDoRibadil #RutaDosArrieiros #ACañizaEnRuta #RedeNatura2000

 

 

Andaina « Ruta dos Arrieiros - Ponte de Noceifas e miradoiro do Monte Lapido » na parroquia do Couto

 

Andaina « Ruta dos Arrieiros - Ponte de Noceifas e miradoiro do Monte Lapido » na parroquia do Couto

 

Andaina « Ruta dos Arrieiros - Ponte de Noceifas e miradoiro do Monte Lapido » na parroquia do Couto

 

Horario

Domingo, 15 de xuño de 2025, con saída a partires das 9h da mañá dende o panel informativo (caseta do Couto).