ANDAINA. Camiño «Entre Abadías». Treito A Cañiza - Melón
Actividades
O Concello organiza unha nova andaina do camiño medieval «Entre Abadías». Nesta ocasión do treito entre o centro da Cañiza e Melón.
A saída está programada para as 9h da mañá con punto de encontro diante da Casa Consistorial. Dende aquí iniciarase a ruta ata o Municipio de Melón.
Neste enlace podes coñecer mellor este camiño medieval con máis de 800 anos de historia que os Concellos da Cañiza (Pontevedra) e Melón (Ourense), recuperaron e inauguraron en xuño do ano 2022: https://www.facebook.com/entreabadias/
Horario
O Domingo 14 de setembro de 2025, a partires das 9:30h.