ANDAINA NOCTURNA – SENDEIRO DE MONTOUTO

Data
to
Location
Alto de Fontefría - Montouto - A Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2025
Actividades

O Concello da Cañiza organiza unha nova andaina nocturna dentro da programación do Verán de Lecer 2025. Unha ruta familiar e accesible, pensada para todas as idades, que permitirá descubrir a maxia da noite polo sendeiro de Montouto.

  • Percorrido: 5,02 km
  • Duración estimada: 1 h 30 min + 25 min da charla → 2 h aprox.
  • Dificultade: baixa – apta para toda a familia

 É recomendable facer preinscrición na Biblioteca Municipal. Tel. 986 66 30 69


RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA
  • Traer lanterna ou frontal para a camiñada.
  • Levar unha esterilla ou toalla para sentarse comodamente no chan durante as explicacións.
  • Cada participante deberá traer o seu avituallamento para a cea (bocadillo ou víveres ao gusto).
  • O Concello entregará auga e froita ao inicio da andaina.
  • Usar calzado cómodo e pechado (preferiblemente de sendeirismo).
  • Levar roupa cómoda e chaqueta lixeira para a noite.
  • Respectar o medio natural: non deixar lixo e seguir sempre o trazado sinalizado.

ACTIVIDADE ESPECIAL

A proposta inclúe:
 Ascenso nocturno ao Montouto
Cea ao aire libre
Charla divulgativa de arredor de 25 minutos sobre astronomía, constelacións e estrelas


Un plan perfecto coñecer un poco máis sobre as estrelas.

Horario

Xoves, 22 de agosto de 2025 -  Saída: 21:00 h - Portalón da pista de acceso ao Mirador do Montouto (recta da N-120, Alto de Fontefría, sentido Vigo, á man esquerda)