ANDAINA, pola ruta da « CIDADE CASTREXA DAS GRADES ». RUTA PR-G 207

Data
to
Location
Ruta da Cidade Castrexa das Grades
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

O domingo 23 de xuño organizamos unha nova andaina polo SENDEIRO DA CIDADE CASTREXA DAS GRADES, homologada pola Federación coa numeración: PR-G 207.

Con saída ás 9.00h da mañá dende a zona baixo o Camping da Cañiza.

A ruta

Cun percorrido circular de 8 Km, sae da contorna das Grades.

O sendeiro percorre camiños e pistas forestais, atravesando varias aldeas  pola beira do río Deva e algúns regatos e discurre polas parroquias de Petán, Achas e A Cañiza.

Iniciase en sentido horario descendendo cara a piscina municipal das Grades.

Por camiños entre muros de pedra e baixo os piñeiros, chégase ata a mámoa das Achas, podendo visitar o paso cabalar no río Deva.

A continuación o camiño ascendente regresa ao lugar das Grades, para bordear a Cidade Castrexa deste lugar e chegar á Aldeíña e desanda un tramo sobre os propios pasos pola beira do Deva para voltar ao sendeiro circular e chegar de novo ao camping. 

Para participar, recoméndase inscribirse nas oficinas da biblioteca municipal ou chamar ao número 986 66 30 69

Contamos contigo!!

Horario

Domingo, 23 de xuño de 2024, a partires das 9h.

Quedamos na zona turística Carballo do Marco, baixo do Camping da Cañiza.