ANDAINA POLA RUTA DE FONTEFRIA PR-G 206. 28 de xullo de 2024

Data
to
Location
Ruta polo Alto de Fontefría
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

Trazado da Ruta

  • Trátase dun sendeiro circular de 7.7 km de lonxitude que discorre polas Parroquias de Achas e Petan , no Concello da Cañiza.
  • O punto de inicio sitúase no alto de Fontefría, a 790 m de altitude, do que partimos en dirección Norte.
  • O camiño lévanos a unha zona chaira con pasteiros nos que se atopan varios túmulos megalíticos, coñecidos como mámoas.
  • Continuamos por camiños entre repoboacións de piñeiro silvestre nos que atoparemos algunhas lagoas estacionais e o regato de Portapiñeiros.
  • Nestas zonas chairas e húmidas existen varias turbeiras.
  • Continuando polo camiño regresaremos de novo ao punto de partida.

#SendeirosDaCañiza 

#RutaDeFontefriaPRG206 

 

Horario

Saída 9.00 h, alto de Fontefria N-120, panel da ruta.
Sendeiro circular de 7,7 km, 1 h e 55 min. aprox.,

para toda a familia.

É recomendable preinscrición na biblioteca municipal 986 66 30 69