Andaina polo sendeiro da « Cidade Castrexa das Grades ». Ruta PR-G 207

Data
to
Location
Camping de A Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

O domingo 27 de agosto organizamos unha nova andaina polo SENDEIRO DA CIDADE CASTREXA DAS GRADES, homologada pola Federación coa numeración: PR-G 207.

Con saída ás 9.00h da mañá dende o Camping da Cañiza.

A ruta

Cun percorrido circular de 8 Km, sae da contorna das Grades.

O sendeiro percorre camiños e pistas forestais, atravesando varias aldeas  pola beira do río Deva e algúns regatos e percorre as parroquias de Petán, Achas e A Cañiza.

Iniciase en sentido horario descendendo cara a piscina municipal das Grades.

Por camiños entre muros de pedra e baixo os piñeiros, chégase ata a mámoa das Achas, podendo visitar o paso cabalar no río Deva.

A continuación o camiño ascendente regresa ao lugar das Grades, para bordear a Cidade Castrexa deste lugar e chegar á Aldeíña e desanda un tramo sobre os propios pasos pola beira do Deva para voltar ao sendeiro circular e chegar de novo ao camping. 

Para participar, recoméndase inscribirse nas oficinas da biblioteca municipal ou chamar ao número 986 66 30 69

Contamos contigo!!

 

O Concello organiza unha nova andaina pola Ruta da Cidade Castrexa das Grades. o 27 de agosto, con hora de saída ás 9
Horario

O domingo, 27 de agosto de 2023, a partires das 9.00h da mañá