Anunciamos unha nova formación da "Escola de Familias": Coeducación Familiar. A importancia da Igualdade de xénero .

Data
to
Location
Casa de cultura de A Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia
Formación

Impartido pola Educadora Social Lucía Fernández

Terceira charla dirixida a pais e nais con nenos e nenas en idade preescolar e escolar, enmarcada no ciclo de actividades dirixidas ás familias para os meses de abril, maio e xuño.

A actividade está enmarcada dentro do programa “EN FAMILIA TODOS CONTAN” da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas no eido local, creada en xaneiro de 2023 e que prestan conxuntamente os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

O Servizo entrou en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas e outras adicións.

Está dirixido especialmente á poboación infantil e adolescente e ás súas familias e parte das actuacións estanse desenvolvendo nos centros educativos dos Concellos, principalmente entre o alumnado de primaria e secundaria.

As actividades do programa xiran entorno a adquisición de habilidades sociais de cara a previr patróns de consumo, tanto de sustancias como doutras condutas aditivas.

Horario

Xoves 29 de maio de 2025, de 18:30h a 20h, na Casa de Cultura