A axencia ADOS inicia unha nova campaña de DOAZÓN DE SANGUE NA CAÑIZA

Data
to
Location
Fronte ao Edificio Gran Sol no entronque coa rúa Oriente
Organiser
ADOS
Actividades

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade.

Cada día mantemos abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e desprazamos dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais.

Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.

O noso obxectivo só é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doantes.

Na situación actual, traballamos cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue.

Así mesmo, dispoñemos dun teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles. (900100828)

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata A Cañiza o Martes, 3 de xaneiro 10:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 horas ( UNIDADE MÓBIL FRONTE AO EDIFICIO GRAN SOL )

Horario

o MARTES, 3 de xaneiro de 2023, en horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 horas